lunes, 2 de julio de 2012

A nova adega DO Valdeorras, José Aristegui, presentará o seu viño de autor, Traste, en Auria Vinum

Fonte info: Adega José Aristegui / Adega Alan de Val
"Traste", viño de autor de Adega Jose Aristegui, será presentado en primicia no certame AURIA VINUM de Ourense, organizado pola Asociacion Galega de Viticultura.

Adega José Aristegui, despois de presentar os seus viños José Aristegui Godello e José Aristegui Mencia no certame internacional de Premios Novo Viño, facéndose acredores de senllas medallas de Bronce e Ouro respectivamente, presentará agora e en exclusividade no certame Auria Vinum de Ourense, o TRASTE, un tinto selección de cepas centenarias de Garnacha Tintorera e Mecía con crianza en barrica de carballo francés de primeiro ano.

 A Garnacha Tintorera, en Valdeorras, camiñou da par da Godello ou a Mencia durante a  historia recente relegada a un segundo plano como variedade utilizada en viños correntes ou utilizada para incrementar cor e estrutura en mesturas de tintos. É unha variedade moi estendida en toda a DO, aínda que para manifestar todo o seu potencial necesita do terruño adecuado.

As adegas DO Valdeorras,  entre elas Adega José Aristegui, coñecen ben os caprichos deste varietal, seleccionando exclusivamente uvas procedentes de viñedos centenarios situados en ladeiras de lousa e arxila. É nestes viñedos onde aparece o potencial impresionante da Garnacha Tintorera alcanzando unhas maduracións excepcionais cun bo equilibrio grao alcol /acidez. En combinación coa Mencia obtense un viño potente, fresco, con moita estrutura, redondo e saboroso. Traballado en cubas de carballo francés de primeiro ano mostra unha perfecta conxunción dos dous varietales con aromas a froitos negros e café. Desta forma, adega José Aristegui presentará un viño de Alta Expresión con moita vida por diante.



Pola súa banda, as adegas que representarán a excelencia dos viños DO Valdeorras en Auria Vinum acompañando a José Aristegui son:

Podes acceder á Web destas adegas facendo click sobre elas

Adega Alan de Val

Adega María Teresa Núñez Veiga - Bioca

Adega Roandi


Auria Vinum é un evento especializado do sector vinícola galego que se celebrará entre os días 2 e 3 de xullo, con dedicación ao sector da hostalaría e restauración en Restaurante Café Maimón (estrada de Reza, Paque do Maimón - Ourense), e o día 7 de xullo con dedicación ao público en xeral no Museo Municipal de Ourense (Rúa Lepanto 6 - Ourense)

A través desta iniciativa preténdese achegar a todos os públicos a calidade internacional que atesouran  os caldos galegos en xeral, e os das 4 denominacións de orixe ourensás en particular.

Podes reservar a túa asistencia a calquera dos dous actos a través do seguinte teléfono: 988 388 108

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario