viernes, 29 de junio de 2012

Bonito con vinagreta de Tomate seco, Mazá e Tomiño en maridaxe con Godello DO Valdeorras

O verán chegou e con el, por cortesía de Grupo Gastronómico de Galicia  "Grupo Nove" e Consello Regulador Denominación de Orixe Valdeorras, dende A nai do viño presentámosvos en exclusiva un menú gastronómico de Vangarda para que gocedes, nestas datas, da mellor gastronomía de Galicia en Maridaxe cos uns dos caldos máis de moda no panorama vinícola internacional.

Antonio Botana, prestixioso Cheff de Grupo Nove e rexente do restaurante Pandemonium en Cambados  (Pontevedra), ofrécenos esta receita típica do verán a fin de que, todos aqueles que así o desexedes, poidades gozar nas vosas casas da mellor cociña de vangarda en estreita maridaxe co prestixio dos viños DO Valdeorras.



Antonio Botana describe a súa cociña da seguinte maneira:

"A sensibilidade, a paixón e o coñecemento deben figurar con letras maiúsculas no libro de ruta desta procura inconformista e constante que entendemos que debe ser a cociña. Definímonos como os buscadores desa mensaxe que está dentro do produto. O noso único labor é descifralo e que canto máis o estudemos e canto máis profundemos nel, máis preto estaremos de atopar a súa excelencia".

Con todo iso, así nos presenta Antonio a súa receita:


O seu restaurante, Pandemonium, encádrase nun proxecto que pretende desenvolver unha cociña de autor baseada no produto autóctono e nunha procura incesante da mensaxe que a propia materia prima poida transmitir; para todo iso, enténdese como feito dunha importancia suprema o acceso directo ao produto e o estudo do mesmo para tratar de atopar a súa maior expresión. Tamén se busca como fundamentais outros factores que contribúan a que o cliente do restaurante teña unha experiencia que transcienda ao mero feito culinario, isto reflíctese nun servizo dinámico e eficaz, unha oferta vinícola de amplo espectro e unha imaxe do restaurante que complemente todo a viva esencia do pracer culinario.

Con esta primeira receita pretendemos abrir unha porta para convidarvos a que os próximos venres sigades descubrindo novas propostas gastronómicas da nova e rica cociña de vangarda galega quen, a través de Grupo Nove, preséntanse  en estreita maridaxe coa excelencia dos caldos amparados baixo o selo de calidade DO Valdeorras.


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario