miércoles, 14 de marzo de 2012

Londres e Valencia primeiros destinos confirmados para a DO Valdeorras en 2012

Valencia en abril e Londres en maio, son as primeiras datas confirmadas para as presentacións que o Consello Regulador DO Valdeorras celebrará fóra de Galicia en 2012.

Un ano máis, o Consello Regulador DO Valdeorras en compañía da flor e nata das adegas adscritas a este selo de calidade, iniciará unha presentación dos seus caldos por diferentes cidades de diversos países.

Á espera da confirmación definitiva doutras cidades e países habituais no devir da DO nos últimos anos; tal é o caso de Madrid, Barcelona, Suíza e Estados Unidos. Dende a nai do viño podémosvos adiantar as datas oficiais para as presentacións de Valencia (12 de Abril) e Londres ( do 22 ao 25 de Maio); instándovos a que sigades atentos ás publicacións que se realizan neste Blog e Socialmedia, para poder participar de forma gratuíta e coñecer de primeira man uns dos viños máis de moda no panorama internacional.



No hay comentarios:

Publicar un comentario