jueves, 15 de marzo de 2012

Valdesil, cuio branco foi seleccionado entre os 25 mellores do mundo, presenta a súa excelencia en Alimentaria

Fuente info: Vinogallego.com
 A adega valdeorresa Valdesil estará presente en Alimentaria 2012 nunha caseta situada no salón Intervin. Alí poderase degustar, antes do seu lanzamento ao mercado e por primeira vez, Valdesil 2011, a nova anada do único viño español seleccionado por Jancis Robinson na lista de brancos do "Financial Times". Ademais, poderanse probar o tinto Valderroa 2011 e o branco Montenovo 2011.

A caseta de Valdesil en Alimentaria pretende facer sentir ao visitante coma se estivese nun pequeno recuncho de Galicia, xa que cada día á hora do aperitivo -de 13.30 a 15.00 horas- poderanse degustar os viños de Valdeorras acompañados dunhas tapas de polbo a feira.

Guillermo Prada estará presente o tres días do salón Alimentaria e explicará as particularidades da uva branca godello coa que están elaborados a maioría dos seus viños, e que proceden da viña de godello máis antiga do mundo, plantada a finais do século XIX.


A adega Valdesil aproveita a oportunidade para presentar a nova imaxe que envolve as súas botellas, creada polo deseñador anglo-español, Fernando Gutiérrez.

Para conmemorar o vixésimo aniversario, Guillermo Prada convidou o deseñador a percorrer as viñas pizarrosas que dan orixe aos diferentes viños e a reflectir as súas impresións nunha serie de carteis numerados e asinados polo artista.

Son serigrafías que serviron de base para a renovación da imaxe gráfica de Valdesil, desenvolvida durante 2011 e culminada recentemente.




No hay comentarios:

Publicar un comentario