lunes, 7 de febrero de 2011

Xantar 2011 convértese nun gran éxito referendado por un record de afluencia

Xantar 2011 bate record de afluencia e convértese en todo un referente turístico internacional.

O salón turístico gastronómico Xantar, produciu un atraso no peche de portas do salón de expourense debido a incesante afluencia de público, que non quixo perderse as excelencias deste evento, cada ano máis internacional. Cualificado como rotundo éxito por todas as partes, esta exaltación turístico gastronómica bateu en 2011 records de participación, afluencia e recoñecementos. O incremento dos participantes, contabilízase nun aumento do 13% con respecto a anos anteriores; dando lugar, desta forma, a unha oferta complementada por 137  mostras de toda a península e Francia, como país invitado. Desta maneira dáse o pistoletazo de saída ao Entroido e ás máis de 300 festas gastronómicas galegas.

O papel do D.Ou. Valdeorras como selo identificador da cultura gastronómica galega, xogou un papel de suma importancia dentro do salón; converténdose en protagonista para unha importante cantidade de público que non eludiu a exquisita tentación de degustar uns dos máis prestixiosos caldos da terra.



No hay comentarios:

Publicar un comentario