viernes, 4 de febrero de 2011

A enorme demanda dos viños D.O. Valdeorras duplica a solicitude de catas

Foto: Rosa Veiga    /   Fonte: A Rexión
As adegas da Denominación de Orixe Valdeorras aumentaron as súas solicitudes de cualificación de viños, unhas peticións que debe atender o comité de cata do Consello Regulador. O organismo atribuíu este incremento a unha alza das vendas, como apuntou o seu presidente, José LuisGarcía Pando. Explicou que 'a semana pasada houbo dúas catas no canto dunha. É un momento moi bo para o viño valdeorrés'.
O técnico do Consello Regulador tamén apreciou o aumento do número de viños presentados ás catas. 'Cando antes catábanse sete, agora son catorce', explicou Jorge Mazaira. Neste sentido, explicou que mediadocena de adegas xa esgotaron o viño da campaña anterior, cando anos anteriores mantiñan as existencias até finais do mes de Marzo. O organismo, consciente desta situación, decidiu ofrecer unha cata selectiva a todo o público que o desexe. Esta cata celebrarase os días 20, 21, 22, 23 de Febreiro nos actos correspondentes ao Forum gastronómico de Xirona.

Proba do bo momento que están a vivir os caldos desta Denominación de Orixe, é a enorme expectación que está a recibir a caseta da D.O. Valdeorras, incluída dentro da máis importante feira turístico - gastronómica de Galicia, Xantar 2011.




No hay comentarios:

Publicar un comentario