miércoles, 2 de febrero de 2011

A D.O. Valdeorras presentará as súas excelencias no Forum Gastronómico de Xirona

A XIII edición do Forum gastronómico de Xirona, que se celebrará os próximos 20, 21, 22, 23 de febreiro, contará coa presenza da D.O. Valdeorras. Para celebralo, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, a través da Nai do Viño convida a 10 persoas a participar nunha Cata Selectiva.

A Denominación de Orixe Valdeorras cólgase a mochila ao ombreiro para presentar as súas excelencias por todos os recunchos do mundo. Co principio do ano, e aproveitando a exaltación gastronómica que acompaña a estas datas, os viños de Valdeorras sitúanse en vanguardia para realizar un acompañamento a modo de maridaxe cos máis importantes eventos gastronómicos. Desta forma, e recollendo a testemuña do rotundo éxito do Forum Gastronómico de Santiago 2010, Xirona vístese de gala para celebrar un evento de recoñecido prestixio e de ineludible asistencia para os amantes do sector.

Para celebralo, o Consello Regulador da D.O. Valdeorras e A Nai do Viño teñen o pracer de pór a disposición de dez de persoas a oportunidade de participar nunha Cata Selectiva dos caldos desta Denominación de Orixe, que se celebrará do 20 ao 23 de Febreiro na Caseta da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.

Para solicitar a tua reserva ou aclarar calquera dúbida, só tes que contactarnos en lamadredelvino@dovaldeorras.tv 
.

Anímate a participar nun dos eventos máis significativos da gastronomía, vas perderlo?.




No hay comentarios:

Publicar un comentario