jueves, 2 de septiembre de 2010

O vindeiro seis de setembro comeza a vendima na comarca de Valdeorras

O seis de setembro é a data seleccionada por unha das adegas da Denominación de Orixe Valdeorras para comezar a recollida da uva. O pasado ano, nesa mesma data, cinco embotelladoras comezaran o traballo e outras tres ultimaban os preparativos para empezar. O atraso do inicio da vendima este ano foi achado ás adversas condicións meteorolóxicas, sobre todo á sequía, en palabras de agricultores da comarca.

As dificultades coas que se presenta a campaña foron subliñadas polo director técnico do Consello Regulador, Jorge Mazaira, quen indicou que a vendima se presenta 'moi desigual' para as viñas da Denominación de Orixe. 'A unhas afectoulles a xeada e a outras, situadas a 100 metros, non lles tocou', comentou.

A pesar da sequía, as fortes xeadas e os bruscos cambios de temperatura, existen factores positivos que benefician á vendima vindeira. A tormenta durante a xornada de onte trouxo fortes precipitacións que foron recibidas con xúbilo por parte dos agricultores e adegueiros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario