martes, 7 de septiembre de 2010

Cepas centenarias inauguran a vendima galega

A vendima galega deu comezo onte en Valdeorras coa recolección da variedade godello en cepas de máis de 120 anos.

A adega Valdesil, na súa finca de Pedrouzos (Vilamartín), deu inicio onte aos traballos de recolección de godello. Tras realizar concienzudos análise que garanten o óptimo estado de maduración da uva, a adega valdeorresa foi a pioneira en dar inicio á vendima 2010 na comunidade galega. O motivo que fai que esta adega se coloque á cabeza do resto da comunidade, faise patente na idade das súas cepas. Nun ano no que as tardías xeadas e a sequia a atrasado a maduración, estas plantas, con máis de 120 anos, puideron facer fronte ás inclemencias obtendo maiores nutrientes da terra, grazas ás súas raíces de máis de 20 metros.

Hoxe, agárdase un paro no proceso que se estenderá até o vindeiro xoves, debido ás choivas; que se augura que melloren, aínda que en leve medida, a produción das zonas máis castigadas pola seca.

No hay comentarios:

Publicar un comentario