miércoles, 1 de septiembre de 2010

Gallaecia 2010 premia os mellores caldos galegos

44 viños das 5 Denominacións de Orixe galegas repártense, en igual medida, o Galardón Gallaecia 2010 , que conta co recoñecemento Oficial do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño do Goberno de España.

Un total de 107 caldos déronse cita onte en Silleda para optar aos Galardóns Gallaecia 2010. Estes caldos, seleccionados finalistas, foran valorados previamente pola Asociación de Sumilleres de Galicia en paneis de cata realizados nos meses de maio, xuño e xullo, dentro dos Consellos Reguladores de cada unha das cinco D.O galegas. Na cata final, realizada onte por un panel no que participaron dez catadores, outorgáronse os galardóns a 44 viños das cinco D.O.

O significativo dos galardóns é a equidade que se conseguiu en Valdeorras e en Monterrei entre brancos e tintos; con similar e igual número de galardóns respectivamente. Feito que nos transmite a excelente elaboración de caldos que se realiza nestas zonas coas diversas variedades de uva.

No hay comentarios:

Publicar un comentario