lunes, 11 de octubre de 2010

Devinos, o novo programa de V televisión, recomenda Viña de Fornos


Baseándose en criterios "calidade-prezo" os especialistas recomendan este mencía xove da adega  ruesa Germán Rodríguez Salgado.

A gran calidade que atesouran tanto brancos como tintos da D.O. Valdeorras están catapultando o recoñecemento destes viños en todos os sectores, locais, nacionais e internacionais. A meticulosa e coidada conxugación entre tradición e innovación dan lugar a uns caldos de enorme calidade que poden ser gozados por todos aqueles apaixonados do viño sen que supoñan un desembolso excesivo.


lunes, 4 de octubre de 2010

New York abre as súas portas aos viños D.O. Valdeorras

O próximo 7 de Outubro o Metropolitan Pavilion de Nova York recibirá a presentación do D.O. Valdeorras.

O acto, no que se poderán degustar 11 viños do D.Ou. Valdeorras, estrutúrase en dúas sesións:

A primeira de 12:30 a 13:30, estará dirixida a público especializado e amenizada por chárla coloquio "Seminar featuring Valdeorras Wines" impartida por Steve Olson.

A partir das 13:30 e até as 20:30 abrirase o tablé a todos aqueles que queiran degustar os caldos seleccionados para a ocasión.

Concurso de fotografía. "A miña Particular vendima en Valdeorras

Serie Fotográfica de Mercedes González Rodríguez. "A miña Particular vendima en Valdeorras", 19 de setembro de 2010 en viñedo Sampayolo

A presidenta da Asociación de Catadoras de Galicia - Gallaecia, ofrécenos unha serie fotográfica sobre a súa vendima en Valdeorras.



Comparte a túa visión sobre o mundo do viño en Valdeorras e gana grandes premios enviando as túas fotos a:

martes, 28 de septiembre de 2010

Inspectores do Ministerio de Traballo irrompen na vendima valdeorresa

O colectivo de Xóvenes Agricultores cualificou o acto de "acoso" e defendeu a legalidade deste tipo axudas.

O exhaustivo control ao que foron sometiendos os vendimadores, por parte de axentes do Ministerio de Traballo, xerou un malestar xeneralizado entre traballadores e agricultores que califican de "acoso" o proceder dos inspectores.

Pola súa banda o colectivo de Xóvenes Agricultores, amparándose no artigo 13 do Estatuto do traballador, referido aos traballos de amizade, benevolencia e boa veciñanza ratifican a legalidade da colaboración na vendima de persoas, por un período de tempo e sen retribución económica.

Que opinas sobre o Tema?. Fai o teu comentario.

lunes, 27 de septiembre de 2010

Resultados do primeiro Certamen Internacional con Viño de Valdeorras


Das 50 receitas finalistas, a organización comprácese en anunciar como as máis destacadas e seguindo esta orde a:

Gañadora a Dna. Daniela Paola Hernández, natural de Neuquén, en Patagonia, Arxentina; pola receita "Cola de cadril con arroz de fungos e salsa emblemática"

2ª clasificada a Dna. María Cao Méndez pola receita "Agamardira"

3ª clasificada a Dna. Tiziana Fernández Santalices, da Merca, Ourense; pola receita "Charlota de Berenxena ao viño de Valdeorras"

4ªclasificada a Dna. Helena Martín, natural de Barcelona, pola receita "Choucroute Garnie"

5ª clasificada a Dna. Stella Trindade Fernández de Canelones, Uruguai; pola receita "Peras veuna tinto con salsa de arándanos"

Enviamos o noso máis sincero agradecemento a todos os participantes que fixeron posible que o I Certame Internacional de Receitas con Viño de Valdeorras  se convertira nun verdadeiro éxito.

miércoles, 22 de septiembre de 2010

Analizase en EE. UU. o futuro do Godello e do Mencía

Fonte: EFE
O escritor gastronómico Gerry Dawes impartiu recentemente en Estados Unidos un seminario sobre o futuro dos viños de Mencía e Godello que se elaboran nas denominacións de orixe Ribeira Sacra e Valdeorras

Este primeiro contacto foi en Nova Orleans, e para o día 23 está previsto o segundo na cidade de Santa Fe. En ambos os casos, as súas explicacións complementaranse con catas divulgativas de viños destas dúas zonas de Galicia, segundo indicaron a EFE fontes das denominacións de orixe.

A través dos viños que seleccionou nas súas frecuentes viaxes a Galicia, concretamente á Ribeira Sacra e Valdeorras, o escritor Gerry Dawes pretende falar do bo futuro que, segundo a súa opinión, teñen os viños destas dúas denominacións.

Ademais, para o segundo seminario pretende compaxinar os tintos de Mencía e os brancos de Godello con algúns pratos típicos das comarcas da Ribeira Sacra e Valdeorras.

martes, 21 de septiembre de 2010

O Consello Regulador da D.O. Valdeorras e a Universidade de Vigo colaboran nun proxecto de produción de viños tostados

Foto:La región
Jorge Mazaira, director técnico do Consello Regulador, e a investigadora do Campus Ourensán, Beatríz Cancho; analizarán, durante o próximos tres anos, as características dos caldos e a súa viabilidade nos mercados.

Os exitosos pasos iniciados hai dous anos coa produción de varias botellas de Godello e Treixadura tostados, sentaron as bases para iniciar este proxecto. Os traballos comezarán a semana próxima coa recolección de 700 quilos de uva variedade garnacha. Posteriormente, pasificarase durante tres meses e procesarase para obter ao redor de 66 litros de mosto, o que fai de momento inviable utilizar outras variedades de maior valor monetario.


O técnico do Consello Regulador é optimista respecto ao futuro dos viños tostados, "os resultados de hai dous anos foron magníficos; agora, o que queda é investigar para obter unha maior produción cos quilogramos de uva empregados".

Desta forma preténdese recuperar para Valdeorras unha variedade de caldos que estivera presente na Exposición Universal de París de 1900, e que se abandonou ao longo do século.

lunes, 20 de septiembre de 2010

O Carballo galego pasa con nota o seu primeiro test

O uso do Carballo galego na elaboración de viños crianza supera as espectativas nas primeiras probas realizadas.

Este proxecto conxunto entre: a Escola Politécnica Superior de Lugo; as Universidades de Castela a Mancha e Santiago de Compostela; adega Algueira ( Ribeira Sacra) e Consello Regulador do D.O. Valdeorras. Deu a coñecer os primeiros resultados das probas realizadas ao caldo mencía 2009, que se cultiva en barricas desta madeira dende hai case un ano. En palabras do responsable do proxecto, o profesor Ignacio Díaz-Maroto, "A textura e a porosidad do carballo galego son óptimas. Desde o ano 1990 estamos a investigar as súas propiedades físicas e mecánicas e nada indica que esta madeira se vaia a comportar mal en vinificación. Todo o contrario, os resultados están por encima do esperado. A miña opinión é que se comporta mellor que o carballo americano. Respecto ao francés, haberá que investigar aínda algo máis".

Os resultados globais espéranse para 2012; pero este primeiro test convida a experimentar con outras madeiras autóctonas, como o Castiñeiro.

Amplíase o prazo de recepción no "I Concurso de fotografía e imaxe dixital: O mundo do Viño en Valdeorras"

Por petición expresa dos nosos seguidores, amplíase o prazo de recepción de fotografías até o próximo 28 de outubro.

Debido ao atraso do período de recolección deste ano e á gran cantidade de solicitudes recibidas por parte dos seguidores da Nai do Viño; a organización do concurso de fotografía e imaxe dixital "O Mundo do Viño en Valdeorras"  fallou en ampliar a data de recepción de obras até o próximo 28 de outubro. Desta forma, outórgase a posibilidade de que os interesados poidan dar cobertura tanto aos procesos de vendima coma ao de viñificación.

Anímate a participar e gana grandes premios enviando as túas fotos a:

viernes, 17 de septiembre de 2010

VEN DISFRUTAR DO ENOTURISMO A VALDEORRAS

Aproveitando a época de vendimas; Turgalicia, en colaboración coa D.O de Valdeorras e os adegueiros, ofréceche un Pack de Turismo enolóxico para que poidas coñecer e gozar do mundo do viño en Valdeorras.

Ven a gozar dos mellores viños e a coñecer o mundo que rodea a súa elaboración da man dos mellores anfitrións, os nosos adegueiros. Terás a oportunidade de coñecer en primeira persoa as nosas adegas e os viñedos; ademais, poderás degustar os nosos viños e coñecer a nosa gastronomía. Todo isto complementado con aloxamentos de turismo rural de altísima calidade e a un prezo que non podes deixar escapar.