miércoles, 4 de agosto de 2010

Degustación en A Coruña dos viños galardoados no Concurso de Viños do Noroeste


Hoxe, a partir das 18.00 horas, no Restaurante da Domus, Museo Científico-Casa do Home, terá lugar a presentación dos viños premiados no Concurso de Viños do Noroeste.

Neste evento, que coincide coa semana grande das festas da cidade herculina, poderanse degustar os viños gañadores do III Concurso Internacional de Viños de Noroeste, entre os que se atopan caldos das denominacións de orixe Ribeira do Douro, León, Ribeira Sacra, Monterrei, Ribeiro, Rías Baixas, Bierzo e por suposto Valdeorras. Desta última Denominación de Orixe destaca entre os premiados "MEMORIA DE VENTURA, MENCIA 2009" de Adegas a Pinguela, gañador dun "Gran Ouro" na cata.

martes, 3 de agosto de 2010

A Ruta dás Covas de Vilamartín contará este ano con máis de 45 covas


Máis de 45 covas, dun total de 150 que posúe o Concello valdeorres, abrirán as súas portas aos visitates na XIV edición da Ruta dás Covas de Vilamartín.

Esta edición, na que se esperan máis participantes que nunca, dará comezo 20.30 do próximo sábado cando se fará entrega dos panos identificativos e dun plano para evitar que alguén poida perderse. Ademais, con cada entrada repartirase unha cunca, para ir probando os viños que se degustasen ao longo de todo o percorrido e que este ano se servirán acompañados de petiscos. A festa concluirá na Rodeleira amenizada polos grupos "Os Brothers" e "Bukowsky Blues Trío".

Se queres compartir as túas fotos e ademais gañar grandes premios, envianos as túas imaxes dixitais a:

lamadredelvino@dovaldeorras.tv

Bodegas que participarán na XIII Feira do Viño de Valdeorras



Confirmadas as adegas participantes na XIII Feira do viño de Valdeorras son as siguientes:

  • Adega Alan SAT
  • Adega Cepado SL
  • Adega A coroa SAT
  • Adega Carballal
  • Adega Chan de Ouro SL
  • Adega da Pinguela SL
  • Adega Melillas SL
  • Adega O Casal SAT
  • Bodega Cooperativa Virgen de las Viñas
  • Bodega Cooperativa Sta. María dos Remedios
  • Bodega Germán Rodríguez Salgado
  • Bodega Sampayolo
  • Bodega Santa Marta SAT
  • Bodegas Ruchel SL
  • Adega Avelina SAT
  • Adega Quinta da Peza
  • Bodega Cooperativa Jesús Nazareno
  • Bodega Eladio Santalla Paradelo
  • Bodega Jesús Rafael RGuez Nuñez
  • Bodegas Virxen de Galir SAT
  • Joaquín Rebolledo SA
  • Viña Somoza Bodegas y Viñedos SL

lunes, 2 de agosto de 2010

Primeiros avances na Crianza de viño en Carballo Galego


A maduración de viño en carballo; proxecto realizado pola Escola Superior Politécnica de Lugo en colaboración coa Universidade de Castela León e na que participan DO Valdeorras e adega Algueira (Ribeira Sacra), comeza a ofrecer os primeiros resultados positivos.

Dende a época dos Romanos non se volveu a usar o carballo autóctono de Galicia namaduración de viños. Pero en 2008, da man de Ignacio Díaz Maroto e o seu equipo da politécnica lucense, emprendeuse a recuperación desta madeira, e así, 225 litros de viñoMencía repousan en catro barricas bordalesas elaboradas con madeira de roble galego (Carballo).
Aínda que haberá que esperar até 2011 para coñecer datos realmente fiables, pódeseafirmar que os primeiros estudos achégannos expectativas moi esperanzadoras. En primeiro lugar, os caldos están a manter moi ben a súa calidade tanto en gradación alcohólica como en cantidade de volátiles e os tánitos específicos que achega esta madeira van moi ben para este tipo de viños. Con isto, o profesor Ignacio Díaz Maroto, atrévese a afirmar que o Carballo galego non ten nada que envexar o americano nin ao francés; e que, se todo sae segundo o previsto, pronto se comezará a experimentar con outras especies autóctonas galegas.

Salustiano Mato aposta pola creación dun ciclo enológico no campus ourensán

O novo reitor da Uvigo, Salustiano Mato, anunciou a súa intención de crear un ciclo superior de Enoloxía, enfocado á explotación da riqueza vinícola das provincias de Ourense e Pontevedra.

Con esta oferta formativa, que se situaría no Campus ourensán, o reitor pretende dar énfase á proliferación da calidade do sector vinícola en Galicia; ademais, daríase resposta a unha antiga demanda dos presidentes do catro denominacións de orixe ourensáns. Salustiano propuxo que de levarse acabo o proxecto, o sector empresarial vinícola xogaría un papel de enorme importancia na oferta formativa.


jueves, 29 de julio de 2010

PROGRAMA DA XIII FEIRA DO VIÑO DE VALDEORRAS

XOVES 12 DE AGOSTO

ÁS 19:00 HORAS : Precata da XI Cata da XIII Feira do Viño de Valdeorras

VENRES 13 DE AGOSTO

Ás 11:00 horas Final da XI Cata da XIII Feira do Viño de Valdeorras

Ás 22:00 horas Cea Oficial da XIII Feira do Viño de Valdeorras, na que se fará entrega dos premios ás adegas gañadoras da XI Cata da XIII Feira do Viño de Valdeorras

SÁBADO 14 DE AGOSTO

Ás 12:00 horas Apertura do Recinto Feiral

Ás 12:30 horas Inauguración da XIII Feira do Viño de Valdeorras polas autoridades

Ás 14:00 horas peche do recinto

Ás 19:00 horas Reapertura do Recinto para a degustación dos Viños de Valdeorras

Ás 22:30 horas Peche do Recinto

DOMINGO 16 DE AGOSTO

Ás 12:00 horas Apertura do Recinto Feiral

Ás 12:30 horas Inauguración da XIII Feira do Viño de Valdeorras polas autoridades

Ás 14:00 horas peche do recinto

Ás 19:00 horas Reapertura do Recinto para a degustación dos Viños de Valdeorras

Ás 22:30 horas Clausura da XIII Edición da Feira dos Viños de Valdeorras

NOTA: GRATUITAMENTE IMPARTIRANSE NO STAND DO CONSELLO REGULADOR CURSOS DE INICIACIÓN Á CATA. OS INTERESADOS DEBERÁN INSCRIBIRSE NA TAQUILLA DO RECINTO FEIRAL (AFORO: 12 PERSOAS)

miércoles, 28 de julio de 2010

Medio Rural protexe o viño de calidade fronte os caldos xenéricos

As adegas que elaboren viños de mesa á marxe dunha denominación de orixe (D.O.) ou identificación xeográfica protexida (IGP) deberán solicitar unha autorización á Xunta para incluír no seu envase referencias ao uso de variedades autóctonas de uva.

A exclusión de toda indicación sobre as variedades autóctonas na etiquetaxe de viños sen denominación de orixe protexida nin indicación xeográfica baséase en "criterios obxectivos e non discriminatorios"cos que, "velando pola competencia leal", trátase de que tanto a produción como a comercialización do viño se axústen ó máximo aos criterios europeos, segundo nos comunica o secretario de Medio Rural Samuel Juárez

Pagos de Galir será Pioneira na elaboración de Reservas dentro do D.O. de Valdeorras


A recente modificación do regulamento por parte do Consello Regulador, abriu as portas á produción deste tipo de caldos que eran unha das aspiracións da adega barquesa desde que foi creada en 2002.

Pagos de Galir, que xa fora pioneira na elaboración e comercialización de Crianzas no ano 2002, cunha comercialización de 18.000 botellas, deberá esperar até o próximo 4 de agosto polo si definitivo. A proposta que se debaterá na xunta do Consello Regulador é a que se inclúe no seu sexto punto: a solicitude de cualificación de viños de reserva para as anadas do 2003 e do 2006 dos viños de mencía que elabora Pagos de Galir.

martes, 27 de julio de 2010

O presidente do C.R. D.O do Bierzo solicitou á ministra Espinosa que avale un plan Interreg para os D.O da Ribeira do Sil

"Pedinlle que na súa calidade de galega se convertése na promotora da consecución dun programa Interreg ao redor das denominacións de orixe da ribeira do Sil" explicou o presidente Jaime Arias.

De levarse acabo involucraríase ao Bierzo, Valdeorras, Ribeiro, Ribeira Sacra e Monterrei na consecución dun plan de acción comunitaria que procuraría fondos europeos para a promoción dos viños de calidade que comparten a conca galaico-leonesa.

A adega Valdesil inicia a súa expansión no Bierzo


A ministra de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, Elena Espinosa inaugurou onte, na localidade de Cacabelos (o Bierzo), as instalacións adquiridas por adegas Valdesil que antes pertencían a "Losada Viños de Leira".

A adega Valdesil, dirixida por Guillermo Prada, é unha das maiores elaboradoras da Denominación de Orixe de Valdeorras, cunha produción que supera as 200.000 botellas, destinado a metade á exportación.