viernes, 8 de enero de 2010

ADEGA DÍA E NOITE, S.L.

Jose Rodriguez, temperado home no mundo do viño, visionario e intuitivo entrou nas terras da zona de Valdeorras para tentar obter delas froitos de alta calidade cos que elaborar excelentes viños. Xorde así o proxecto Día- noite, adega que elabora un viño branco da Godello (Galiciano Día), representado polo sol e un tinto de Mencia (Galiciano noite), representado pola lúa.

O xeito de facer este viño reflicte con precisión os cambios experimentados polo sector nos últimos anos grazas á incorporación de novas técnicas, que compatibilizan o cultivo da viña e as tarefas de colleita e vendima ao estilo tradicional, co uso de tecnoloxías avanzadas no proceso de vinificación. O resultado: viños respetuosos coa tradición que expresan perfectamente as características das variedades coas que son elaborados.

jueves, 7 de enero de 2010

ADEGA A COROA S.A.T.

En pleno Val de Valdeorras, xa coñecida dende a antigüidade como unha dos pasos naturais de entrada a Galicia, e en fincas localizadas na súas soleadas ladeiras, sitúase a adega A Coroa.

A adega A Coroa está situada nun punto histórico e estratéxico, por estar situada nunha zona céntrica do territorio dos Gigurri, a 200 metros dao sur pasaba a Vía XVIII e 300 ao norte a explotación aurífera A Pala.

A adega ocupa ademáis unn pequeño promontorio, de aí o seu nome Coroa ou Coroa, onde se localizaba un poblado castreño relacionado coa xa mencionada explotación aurífera.

Debido á súa situación xeográfica e a carga que ten a historia da finca, a adega foi reconstruída seguindo os máis estritos parámetros que marcaron a época: pedra, arxila, lousa e madeira.

A Coroa logrou integrar neste edificio emblemático parte da historia de Valdeorras e o entorno que lle confire a súa posición privilexiada na rexión vitivinícola.

Adegas a Coroa aposta pola convivencia coa natureza e o entorno natural dende unha conciencia ecolóxica natural, vivida dende sempre, respectando o medio ambiente como un principio vital en todas as súas accións.

Poema do viño


O poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán imaxinou unha voda entre o Godello e o Mencía á que asistirían como padriños, a Viura e o Caíño e no baile post-casorio a mellor parella foi a formada por mozo Merenzao e a Mociña Fresca, tamén participaron na cerimonia a nena Garnacha e o Brencellao e entre tanta alegría e pándega houbo algunha que outra chiscadela amorosa como foi o caso de que Coesa nena tola/ que din Vicivera, jerez, o andalús, foi de brincadeira, a pesar da oposición da nai da rapaza- a María Ordoña-. Remata este poema titulado Casorio, publicado en Galicia Infinda, de forma feliz, anunciando o nacemento dun novo rebento, e faino con estes versos:

“Fillo da Mencía
e mais do Godello,
un neno varudo
ledo e rebuldeiro
(dos que din as xentes:
arde un candieiro),
naceu, polo Cristo,
no mes de septembro”.

martes, 5 de enero de 2010

ADEGA QUINTA DA PEZA, S.L.

O nome deste viño ven da quinta como ''propiedade rural consistente na casa e terreo fértil arredor.'' E a Peza é o nome da propiedade da antiga Casa Grande Fontei, A Rúa (Ourense), un pedazo de terra de preto de 10 hectáreas que inclúe un dos mellores viñedos da rexión. A partir da unión de dous conceptos xorde Quinta da Peza, unha nova adega nun pago vello. Quinta naceu para dar forma á colleita da Peza, para transformar as uvas en viño. A produción da Quinta da Peza garante a exclusividade da vide e da colleita. A uva, Godello ou Mencia, nace, crece e morre no Viñedo, baixo o seu atento coidado e, en seguida, comeza unha nova vida na adega.

lunes, 4 de enero de 2010

ADEGA O RIBOUZO, S.A.T.


A Adega O Ribouzo, S.A.T. é unha adega familiar situada en Vilamartín de Valdeorras. O obxectivo da adega O Ribouzo, S.A.T. é manter a tradición familiar da elaboración de viños adaptada ós tempos actuais.

miércoles, 23 de diciembre de 2009

Bo Nadal!


A nai do viño envíavos unha receita de Nadal: poñamos unhas cantas medidas de ilusión, un anaco de amizade e un chorriño de tenrura. Forneemos a mistura con ánimo paciente. Presentémola envolta en sonrisas e acompañémola con esas melodías saídas do corazón.

ADEGA O CASAL, S.A.T.


A Adega O Casal S.A.T. naceu no ano 2000, formada por cinco socios guiados polo maior respecto coa tradición da que se sinten testemuñas e movidos por un grande amor á terra. O obxectivo desta adega é facer un viño especial para paladares moi esixentes comenzando coas viñas herdadas dos antergos e crecendo a modo, con traballo feito con agarimo de artesáns, combinando o saber tradicional cos impresindibeis avances tecnolóxicos.

martes, 22 de diciembre de 2009

ADEGA DOCAMPO-GACIO, C.B.



A Adega Docampo-Gacio é unha dega que realiza unha producción ecolóxica. O seu obxectivo é elaborar viños de alta calidade, libres de sulfitos.

lunes, 21 de diciembre de 2009

ADEGA DA PINGUELA, S.L.

A Adega da Pinguela é unha adega pequena con vocación de selo. Conta cunha producción limitada pero é algo máis que unha fábrica de viño, é a expresión do terruño feita realidade no viño Ventura, nome que lle puxeron ó viño en homenaxe ó seu avó que emigrou a Cuba. Esta adega atópase nun entorno privilexiado e é a única situada nesa paisaxe con encanto con vistas ó val da Rúa. Destaca a parte exacavada na montaña, a cova onde se ubicaron as cubas de madeira para o viño de crianza. Como futuro próximo pretenden buscar a orixinalidade e a diferenciación dos seus viños sintetizados na expresión da orografía, así como acadar a expresividade dos viñedos.

viernes, 18 de diciembre de 2009

ADEGA CHAN DE OURO


Sabías que o propietario da adega Chan de Ouro é unha das máximas expresións da tradición vitivinícola de Valdeorras, xa que lle gusta facer todo o proceso que supón a elaboración do viño?