lunes, 6 de mayo de 2013

Fenavin será a próxima posta en escena da nova colleita DO Valdeorras



Tras o éxito de crítica recibido en Suíza, os viños DO Valdeorras regresan a España para presentar a súa nova colleita nunha das feiras máis importantes do sector, Fenavin, que se celebrará en Cidade Real do 7 ao 9 de maio.

Un ano máis, o Consello Regulador e un nutrido número de adegas DO Valdeorras acoden á chamada da feira referencia do sector español do viño, Fenavin.

Esta feira é cualificada como un instrumento para o impulso do negocio do sector vinícola nacional e internacional dende a súa primeira edición. O sector valora a eficacia do sistema impulsado desde Fenavin, ano tras ano, pero, aínda así, o equipo xestor séguese marcando o mesmo obxectivo: facer negocio con sistemas de traballo pragmáticos e eficaces que axuden a que exista un amplo encontro entre oferta e demanda.



Esta proposta, baseada fundamentalmente nunha atención profesional á demanda, conseguiu, en só seis edicións, que Fenavin se converta na feira monográfica do viño máis importante de España, e a única que ofrece unha capacidade de negocio contrastada.

Fenavin, desde os seus inicios, especializouse no negocio exterior, unha proxección internacional que permite que a oferta vinícola española poida estar presente nos mercados máis importantes. Deste xeito, a Feira ten delegacións distribuídas por todo o mundo: en 2011 traballaron 2.740 compradores procedentes de 54 países e a participación de 626 deles foi xestionada directamente pola organización.

Pero esa vocación polo negocio da Feira presta tamén un especial coidado cara ao comprador nacional. Tanto é así que na pasada edición foron 9.442 os que traballaron intensamente durante o tres días de Feira.

Por iso, o Consello Regulador e as seguintes adegas DO Valdeorras estarán presentes nesta importante cita, a traves da cal referendarán o prestixio internacional que cualifica aos viños DO Valdeorras como "a revolución enolóxica do Século XXI".

Accede a cada unha das adegas participantes en Fenavin facendo click sobre o seu nome:



















No hay comentarios:

Publicar un comentario