martes, 28 de agosto de 2012

Oferta enoturística: Ven a coñecer a vendima de Valdeorras

  A empresa barquense Enoturismo Galicia, comercializa desde esta mesma semana e a través da súa web www.enoturismogalicia.com, paquetes turísticos para participar na vendima 2012.

 «Consiste en explicar o proceso e tamén despois ir até a adega para coñecer máis sobre a mesma; e tamén se dá a posibilidade de que a xente poida vendimiar durante media hora, se se anima o grupo», conta a responsable do proxecto Amparo Montenegro. A iniciativa uníronse dúas adegas de Ribeira Sacra e sete de Valdeorras.

Mergúllate na vendima é unha viaxe interactiva onde adultos e nenos aprenden de onde proceden as uvas, como se coidan e como se transforman en viño de forma natural.

A través dun paseo polos viñedos vanse escoitando as explicacións sobre as partes da vide, a forma das follas, variedades de uvas, a importancia do chan e todo o referente á vendima, á súa cultura e tradición.

Despois será  a adega a gran protagonista, onde se explicará a elaboración do viño e mostraranse  as diferentes uvas coas súas características ademais de, cun refractómetro, poderase valorar o contido de azucre das uvas, é dicir o seu grao de alcol.

Para finalizar a actividade e repor forzas, ofrecerase unha degustación de produtos típicos da zona acompañados, como non, duns dos viños máis de moda no panorama vinícola internacional.


E se o que se pretende é un paquete máis profesional, a adega DO Valdeorras Alan de Val ofréceche o seu programa de Experience de Adega Escola para a formación Teórico-práctica de Viticultura, Enoloxía, Cata e Comercialización de Viños.


Alan de Val presenta unha innovadora e eficaz acción formativa para a aprendizaxe real da viticultura e a enoloxía dentro do marco teórico- práctico da adega, os seus viñedos e os seus viños.




No hay comentarios:

Publicar un comentario