jueves, 21 de junio de 2012

Recoñecemento internacional para a nova adega DO Valdeorras José Aristegui


Adega José Aristegui, no seu primeiro ano de produción para o mercado, acaba de ser galardoada no certame Internacional de Premios "Nuevo Vino"

Adega José Aristegui, nova Adega da Denominación de Orixe Valdeorras que ten sede na Rúa, acaba de ser galardoada no certame Internacional de Premios Nuevo Vino, un do cinco Concursos Internacionais oficiais do calendario español que organiza a Sociedade Alamesa, coa Medalla de Ouro na categoría de tintos sen madeira polo seu viño José Aristegui Mencía 2011.

Tamén foi distinguido cunha mención na categoría de brancos sen madeira polo seu viño José Aristegui Godello 2011.

Adega José Aristegui é unha Adega de viños de autor, que comezou a funcionar este ano con con unha produción inicial de, aproximadamente, 6.000 botellas.

Na elaboración destes viños, a Adega selecciona coidadosamente variedades de uva de parcelas centenarias e realiza vinificacións por separado.

É o primeiro concurso ao que se presenta, coincidindo ademais coa súa posta de longo no mercado.

Obtén así resultados excepcionais nas súas dúas liñas de viños. No caso dos tintos e con este premio, a nova adega da Rúa coloca a Valdeorras por diante doutras denominacións de orixe españolas líderes en tintos.

Por mor destes premios, a adega presentará a excelencia dos seus  viños no mercado asiático en novembro, con senllas postas en escena en China e Hong Kong.

No hay comentarios:

Publicar un comentario