jueves, 21 de junio de 2012

Os viños DO Valdeorras e o grupo gastronómico de Galicia "NOVE", estrean o verán con un menú de "Cinema"

Foto: David A. Panizo
Co recentemente chegado Verán, a Denominación de Orixe Valdeorras estrea, no Portal Web www.dovaldeorras.tv, a través do cal promociona, difunde e actualiza contidos, o Terceiro Vídeo Promocional dos seus Viños; que, once membros do internacionalmente recoñecido Grupo Nove, rodaron por estas terras.

Este menú enmarcado dentro do novo e último vídeo: (Bonito de Burela, Manitas de Porco Celta e Plátano Caramelizado), é, segundo os Chefs, unha aposta moi atrevida da nova Cociña Galega, idónea para maridar tanto cos viños Brancos como cos Tintos da DO Valdeorras.

O devandito menú, é creación de Grupo Nove e ideal para o verán, cun prato acorde coa tempada como é o Bonito.

Durante a presentación do mesmo, os Cociñeiros, ademais de loar os Mencías de Valdeorras, réndense aos pés dos Godellos desta terra, considerándoos "tan incribles que poden maridar cos pratos máis impensables do mundo".

As receitas,  propoñen unha ruptura ao acompañar primeiro e segundo prato (bonito e manitas de porco) con Mencía; e a sobremesa (Xeado de plátano) atrevédose a caramelizarlo con augardente de Valdeorras.

Bonito de Burela con Vinagreta Asada

Manitas de Porco Celta
 

Platano Caramelizado

O vídeo, do mesmo xeito que os anteriores xa difundidos, gravouse nunha das típicas adegas-cova da comarca e nunha das súas máis emblemáticas paraxes, co pintoresco dos seus viñedos en época  pre-outonal.

Ao comezo do mesmo, outra inédita toma aérea recente, presenta e describe ao mundo unha parte dos viñedos de Valdeorras dende o ceo. Non en balde, o portal web difúndese en tres idiomas (galego, español, inglés) e todo o material audiovisual (incluídos este tres novos vídeos) leva subtítulos en inglés na versión saxona. 

Neste terceiro e último vídeo, as imaxes aéreas recréanse, no belísimo lago que conforma o  Río Sil ao seu paso pola Rúa e Petín.

Pola súa banda, o público internacional a través da rede pode elaborar o menú deste novo vídeo na súa casa e maridarlo cos viños de Valdeorras.


A DO Valdeorras e este prestixioso colectivo da Nova Cociña Galega de Vangarda, presentan e despiden así a súa colaboración mutua para a promoción e cifusión dos Caldos de Valdeorras e da "Cociña de Vangarda Feita en Galicia".

Para iso cooperaron na produción e a realización do Tres Vídeos, que baixo o título UN UNIVERSO EN CADA PRATO, proclaman a extraordinaria maridaxe entre os daldos DO Valdeorras e as receitas de Vangarda culinaria galega, inspirada na herdanza tradicional e na calidade dos produtos da nosa terra.

O Once galardoados Chefs, dos vinte que compoñen o actual grupo, de esquerda a dereita na foto de portada: Pablo Romero, Yayo Daporta, Javier Olleros, Héctor López, Javier Rodríguez "Taky", Pepe Solla, Antonio Botana, Javier González, Miguel Anxo Campos, Alberto González e Iñaqui Bretal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario