viernes, 26 de agosto de 2011

Valdeorras prepárase para dar a benvida a "La Vuelta 2011"


O próximo 31 de Agosto a comarca de Valdeorras prepárase para dar a benvida á undécima etapa da Volta Ciclista a España 2011, que se iniciará na veciña comarca de Monterrei e percorrerá a comarca de Valdeorras para concluír cun emocionante final na estación de esquí de Manzaneda.
A Volta volve a terras galegas despois da Saída de Vigo en 2007 cunha etapa moi emocionante e selectiva conformada por catro portos moi esixentes repartidos ao longo da xornada. 

O inicio da etapa efectuarase desde a localidade de Verín ás 12:40 horas cunha saída neutralizada e percorrerá a N-550 até A Gudiña, onde tomará o desvío da OU-553 para entrar na comarca de Valdeorras. O discorrer da etapa realizarase polas localidades de Viana do Bolo, A Veiga, O Barco, Vilamartín de Valdeorras e A Rúa para encamiñarse a un esixente e emocionante final de etapa nun puerto até agora descoñecido para a carreira. 

Fai click sobre a imaxe para ampliar o percorrido
A estación de esquí de Manzaneda, cos seus trinta quilómetros de ascenso, é o cume máis emblemático do Macizo Central ourensán e espérase que poda provocar cambios na clasificación xeral coa aparición de novas figuras para a disputa de "A malla Vermella". Os Nibali, Rodríguez, Chavanel, Escarponi, Sastre, Nieve, Antón ... e todo o groso do pelotón que conforma esta "Volta 2011", deberán empregarse a fondo nesta esixente etapa para manter as súas opcións á vitoria final de Madrid. 

Fai click sobre a imaxe para ampliar o perfil da etapa
Pero todo o esforzo que supón este esixente deporte, a recado verase recompensado pola calor do público ourensán en xeral  e o valdeorrés en particular; que xa sexa a pé de estrada ou dende os seus coidados viñedos, colleitando o fantástico e apreciado froito cultivado con esforzo, sacrificio e saber facer durante o ano, transmitirán todo o seu apoio aos deportistas nunha histórica etapa que augura unha histórica colleita 2011.




No hay comentarios:

Publicar un comentario