martes, 12 de julio de 2011

Estados Unidos réndese á maridaxe do Godello con Suhi e queixo de cabra

A prestixiosa distribuidora norteamericana Wally´s wine promociona na súa Web, como oferta especial da semana, o Godello da adega valdeorresa Godeval ofrecéndoo, despois dun exhaustivo estudo dos consumidores, en maridaxe con Sushi e queixo de cabra "Garrotxa" típico da gastronomía catalá.  

A empresa estadounidense Wally´s wine, con sede en Los Ángeles e despois dun exhaustivo e minucioso estudo dos gustos dos seus consumidores, decidiu promocionar como produto estrela da semana o Godello Godeval en maridaxe coa importante demanda e proliferación do Sushi nunha das zonas con maior renda percápita e nivel de consumo de Norteamérica.

Na sección da tenda de viños www.wallywine.com, dentro do apartado "weekly specials", atópase Godeval. Acompañado da presentación da uva autóctona da comarca valdeorresa, o godello, como unha das variedades de máis prestixio e maior diferenciación da península, lembrando as altas cualificacións do especialista Robert Parker desde 2006 e que este ano se viron incrementadas por parte da adega valdeorresa.

Lembra á súa vez que a magnificencia destes viños comeza nun marco de "Terroir" único, caracterizado por terreos pizarrosos e graníticos situados en asolladas ladeiras peiteadas por suaves ventos atlánticos. 

Non obvia na súa despedida o traballo realizado polos adegueiros de Godeval como pioneiros na recuperación do Godello por medio do programa REVIVAL, personalizado na figura de Horacio Fernández Presas, creador e máximo impulsor do programa. Traducindo de forma literal do inglés cóntanos: "Despois duns cuantos sorbos só poderás agradecer aos pioneiros de Adegas Godeval o feito de recuperar e traer de novo á vida esta uva española"

Ademais, e en adicción a proliféraa acollida que está a transmitir o queixo de cabra catalán "Garrotxa", seleccionouse ao godello de Godeval como o acompañamento perfecto para este apreciado produto.






No hay comentarios:

Publicar un comentario