miércoles, 6 de julio de 2011

A Coroa 2009 obtén 91 puntos de Robert Parker

Faise pública outra nova valoración da revista The Wine Advocate, dirixida por Robert Parker, que cualifica a excelencia da Coroa 2009 con 91 puntos.

Para Robert Parker, e máis concretamente para o seu representante en España Jay Miller, non pasa desapercibida a calidade que ano tras ano suman os caldos do D.O. Valdeorras. Se onte era a colleita 2010 de Godeval a que alcanzaba o Rating de 91 puntos Parker; hoxe úneselle a colleita 2009 da Coroa. Todo un merecido recoñecemento que enxalza o gran traballo realizado por viticultores e adegueiros na D.O. Valdeorras.

Para concretar máis sobre A Coroa 2009, imos transcribir as notas de cata facilitadas por Miller que veñen significar o seguinte: "Viño procedente de 10 hectáreas de uva variedade Godello que son cultivadas de forma orgánica. As uvas fermentanse con levaduras nativas, e son críadas 6 meses sobre lías. En nariz aprécianse notas minerais, melón, froitas tropicais e notas florais aos que se suma en boca sabor intenso, seco e prolongado. Con excelente volume, equilibrio e lonxitude pódese gozar entre os próximos 4-5 anos".

Un merecido recoñecemento para A Coroa



No hay comentarios:

Publicar un comentario