miércoles, 23 de febrero de 2011

Álava aprecia os brancos de Valdeorras

Nos actos correspondentes ao II Salón de Enolia, celebrado no museo Artium de Alava, levouse a cabo antonte unha cata maridada, na que Valdeorras, Rueda e a Rioxa Alavesa tiveron moito que dicir.

Neste trafego viaxeiro que se marcan os viños do D.O. Valdeorras; e mentres o Consello Regulador celebraba a súa cata no Forùm Gastronòmic; Álava vestíase de festa, para celebrar en Vitoria a II feira oleo-vinícola, Enolia. 

Nesta feira na que os produtos alaveses foron os protagonistas, os especialistas do sector vinícola non dubidaron en destacar a participación de caldos valdeorreses e de Rueda, aos que valoraron coma uns dos mellores de España.

Desta forma, a calidade dos viños D.O. Valdeorras achégase a cada vez máis lugares para compartir as súas excelencias con todos os apaixonados do sector. Dende a nai do viño, irémosvos dando cumprida información de novas celebracións nas que participe este veterana D.O.; a fin de que, tamén vós, poidades valorar a calidade destes caldos.





No hay comentarios:

Publicar un comentario