miércoles, 17 de marzo de 2010

Sensacións, placer, música e viño poténcianse entre sí

Santa Cruz de Tenerife, 29 abr (EFE).- As sensacións placenteras que produce o consumo moderado de viño intégranse no mesmo lugar do cerebro onde se percibe a música e de aí se produce unha potenciación de ambos elementos, según o catedrático de Farmacología da Universidade da Laguna José Boada.

Este experto indica que dita vinculación foi incluso usada por un dos pais da mediciña, o grego Asclepíades, para mellorar aos enfermos mentales.

José Boada revisou máis de 300 libretos de ópera e documentos de cantares populares para constatar a vinculación que desde a cultura grega ata a actualidade tivo a música e o viño.

Nunha entrevista con Efe, Boada dixo que constatou que en todas as rexións da conca mediterránea, salvo no Exipto islámico e as zonas magrebíes, onde a influencia anque menor, existe, a relación entre o viño e a música é patente no seu folclore.

O especialista explicou que a primeira fusión importante entre a música e o viño produciuse en Grecia, onde se instituíu ao deus Dionisos para rendir culto ao viño e onde se chegaron a construir instrumentos, como o barbitón, que é unha especie de harpa que se apoiaba na cintura, adicados exclusivamente ao culto de Dionisos.

Tamén na cultura romana, o viño e a música aparecen ligados á figura do deus Baco.

Boada explicou que a ópera nace "cos xens do viño" posto que a súa orixe é a traxedia grega, é dicir, a música renacentista mirou cara o pasado, cara Grecia, e incorporou nas súas composicións á traxedia grega, que, según o filósofo Nietzsche, é dionisíaca.

Para o especialista, esta vinculación non só se observa nas óperas da conca mediterránea senón tamén nas americanas, e así cita, entre outros, ao compositor Aaron Copland que nalgunas das súas óperas utiliza esta combinación.

Recordou que a orixen do himno americano é un brindis londinense ao que o poeta norteamericano Francis Scott Key cambiou a letra e tivo tanto éxito que foi asumido polo Congreso norteamericano como himno da nación.Na música vocal esta vinculación é clara, dijo Boada, que cita a músicos como Mozart, Bizet, Rossini, Verdi, Wargner, Berlioz o Donizetti, que vinculan o viño e a música, ao igual que fai Carlos Gardel nos seus tangos ou Rafael Farina no flamenco.

Boada señalou que, en cambio na zarzuela, a pesar da tradición enolóxica española, a vinculación é máis insulsa e moito máis escasa que na ópera.
Fonte: EFE

No hay comentarios:

Publicar un comentario