lunes, 15 de marzo de 2010

CERTAME DE RECEITAS CON VIÑO DA D.O. VALDEORRAS


Estimados amig@s:

Debido ao elevado número de peticións recibidas, vía correo electrónico e teléfono manifestando o escaso marxe de tempo para elaborar as receitas dentro do primeiro prazo, a organización decidiu ampliar o mesmo ata o 23 de Septembro de 2010. Os nosos comunicantes suxerían esta situación debido a que moitos deles din conocer receitas para elaborar con viños, pero non da D.O. Valdeorras. Deste xeito, esperan ter o tempo suficiente para adquirir os viños de Valdeorras e probar na casa as receitas que habitualmente xa elaboran con outros caldos.

Así pois, o prazo para o envío de receitas remata o 22 de Septembro de 2010 ás 18.00 horas e o premio seguirá sendo unha fin de semana no Hotel Pazo do Castro (O Barco de Valdeorras).

Muoitísimas grazas pola vosa suxerencia que esperamos sexa do agrado de todos.

Atentamente.

A nai do viño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario