lunes, 19 de julio de 2010

A USC estuda o carballo galego para a crianza dos viños



Para determinar as propiedades que esta madeira lle outorga aos caldos, 900 litros da colleita do ano pasado das denominacións de orixe Ribeira Sacra e Valdeorras repousan dende hai varios meses en catro barricas elaboradas con carballo de terra.

Esta investigación está financiada pola Comisión Interministerial de Ciencia e Tecnoloxía e conta co respaldo do Consello Regulador da denominación de orixe Valdeorras.

Aínda que o viño aínda repousa nas barricas, unha adega, Algueira, e o Consello Regulador de
Valdeorras, que reúne a maior superficie de viñedos de Galicia, mostraron o seu interese por esta investigación.

Se os resultados son positivos, nun futuro inmediato os viños Mencía poderían comezar a madurarse en barricas elaboradas con carballo galego, substituíndo aos tradicionais recipientes de carballo francés ou americano, que teñen unha composición química diferente e custan uns 1.500 euros por unidade.

Euskadi premia a D. O. de Valdeorras con dous galardóns.


A cata da 'Irmandade de Centros Galegos en Euskadi' premiou dous viños tintos da adega ruesa "Alan".

Dous viños da adega situada na Rúa 'Alan', pertencente ao D.O. de Valdeorras foron premiados no concurso de viños tintos que organiza a 'Irmandade de Centros Galegos en Euskadi'.

O primeiro premio da 'X Cata-concurso de viños tintos galegos' levoullo 'Alan de Val-Escada' da anada do 2008. Acompañado polo mencía 'Alan de Val' do 2009, que recibiu o terceiro premio do certame.

Premios Arribe 2010


A Feira Agroalimentaria de Arribes, dentro do Salón Internacional do Viño e a súa Cultura presenta os premios arribe 2010 que terán lugar o próximo mes de agosto.

Nesta edición amplíanse o número de galardóns na categoría Arribe de Ouro debido ao éxito e calidade de pasadas tempadas.

No referente ao comité de cata, na edición deste ano distribuirase equitativamente entre xuíces españois e portugueses, facendo énfase en profesionais estreitamente relacionados aos medios de comunicación.

Para participar ou ampliar información prema aquí.

viernes, 16 de julio de 2010

A Veiga dá inicio a "Trevenatio. I encontro de lecer, conservación e natureza"


Unha cata de viños inicia hoxe, ás 11:00 horas, o certame "Trevenatio. I encontro de lecer, conservación e natureza", que se desenvolverá até o vindeiro domingo. Os asistentes poderán degustar os caldos brancos do cinco denominacións galegas.

Este certame complementarase a partir das 20:00 coas xornadas gastronómicas "Sabores de Trevinca" que se desenvolverá en catro establecementos: "Eidos dás estrelas", "As Chairas", "Aira dá Petada" e "Hotel o Cervo".

jueves, 15 de julio de 2010

Importadores de viño mexicanos visitan as adegas de Valdeorras


A internacionalidade dos viños da D.O. de Valdeorras maniféstase na visita dunha delegación de importadores mexicanos que permanecerán preto dunha semana en Galicia. Durante este tempo visitarán as adegas de:"Santa Marta", en Vilamartín; "A Coroa" e "Joaquín Reboredo" na Rúa.

O Barco, beleza histórica



O Barco, situado na chaira do Sil, é unha vila que conxuga en perfecta harmonía a tradición histórica coa modernidade e o desenvolvemento.

De calado histórico de importancia significativa, a beleza e riqueza destas paraxes é ben coñecida xa dende época romana;onde, estes, deixaron o seu sinal en forma de vide para comezar unha tradición milenaria selo identificador desta terra. Hoxe a vila é centro comercial e neuralxico da rexión, e nela conflúe a comodidade e o goce con paraxes naturais de monumental beleza .

Desta zona de sublime fermosura obtéñense uns viños de igual personalidade; carácter robusto pero extremadamente agradables ao padal. A historia da rexión fúndese coa tradición e a modernidade nuns caldos de finísima calidade e armoniosa sensibilidade para dar a benvida a todo aquel visitante que se achegue a fermosura desta terra.

Coñece mellor os nosos viños premendo aquí.

miércoles, 14 de julio de 2010

Exposición artística, enológica e gastronómica no "Camiño de Inverno"


Unha iniciativa cultural que conxugará pintura, escultura música e gastronomía do "Camiño de Inverno"

O complexo hostaleiro "Paladium" en Vilamartín acolle a primeira edición da mostra "Valviñart" unha exposición que nos amosa a confluencia entre a arte e a vida xurdidos do coñecido como "Camiño de Inverno". Esta mostra que aúna diversos aspectos culturais presentarase o próximo 16 de xullo, ás 20.00 horas.

martes, 13 de julio de 2010

Petín un pobo de Cine


A beiras do Sil e asentado na "Vía Nova" dos romanos, a historia de Petín vese estreitamente ligada a un crisol cultural que marcou o seu sinal na poboación e no territorio, dotando ao lugar dunha enorme riqueza cultural.

A bucólica beleza destas paraxes atraeu facía si as miradas de importantes directores de cinema como "Chano" Piñeiro e Ignacio Villar que plasmaron nas súas obras o espírito das xentes Petín. Tamén diversos grupos musicais como "Ovnis" ou "Luar na Lubre", souberon beber desta fonte de inspiración que é a rexión valdeorresa.

O viño desta zona é unha clara mostra da conxunción da historia co espírito das súas xentes. Mostrándose como un viño gallardo e robusto pero á vez hospitalario e suave no trato. Todo un selo de calidade identificadora que conxuga na súa xusta medida a máis antiga das tradicións coa modernidade de procesos para dotar aos caldos desta rexión dunha calidade incomparable.

Para coñecer mellor os seus viños pica aquí.

Este verán O Barco ofrece unha ampla axenda cultural para toda a familia


Dende o 15 de xullo ao 15 de setembro a vila de O Barco ofrece un nutrido número de actividades culturais e de lecer que farán as delicias de toda a familia. Teatro, música, baile, festas medievais e romarías; acompañadas polo noso viño, son unha visita obrigada para todo aquel que queira gozar da hospitalidade da nosa terra.

Podes consultar o programa en:

miércoles, 7 de julio de 2010

Retrata o Mundo do Viño en Valdeorras

Saca a túa mellor instantánea!

Abrése a convocatoria para o Concurso de fotografía e imaxe dixital: O mundo do Viño en Valdeorras.

Envía as túas fotografías a:
lamadredelvino@dovaldeorras.tv

Ata vinte fotografías podedes presentar ao certame para resultar gañadores de fantásticos premios que poderedes desfrutar coa compaña dos vosos:

- Fin de semana para dúas persoas no Hotel Palladium (O Barco de Valdeorras)
- Cea para seis persoas na Casa Galaica (O Barco de Valdeorras)
- Cea para seis persoas no Restaurante Fernando III (O Barco de Valdeorras)

Tedes de prazo ata o vindeiro 22 de setembro! Animádevos a participar!