
miércoles, 28 de julio de 2010
Pagos de Galir será Pioneira na elaboración de Reservas dentro do D.O. de Valdeorras

A recente modificación do regulamento por parte do Consello Regulador, abriu as portas á produción deste tipo de caldos que eran unha das aspiracións da adega barquesa desde que foi creada en 2002.
Pagos de Galir, que xa fora pioneira na elaboración e comercialización de Crianzas no ano 2002, cunha comercialización de 18.000 botellas, deberá esperar até o próximo 4 de agosto polo si definitivo. A proposta que se debaterá na xunta do Consello Regulador é a que se inclúe no seu sexto punto: a solicitude de cualificación de viños de reserva para as anadas do 2003 e do 2006 dos viños de mencía que elabora Pagos de Galir.
martes, 27 de julio de 2010
O presidente do C.R. D.O do Bierzo solicitou á ministra Espinosa que avale un plan Interreg para os D.O da Ribeira do Sil

"Pedinlle que na súa calidade de galega se convertése na promotora da consecución dun programa Interreg ao redor das denominacións de orixe da ribeira do Sil" explicou o presidente Jaime Arias.
De levarse acabo involucraríase ao Bierzo, Valdeorras, Ribeiro, Ribeira Sacra e Monterrei na consecución dun plan de acción comunitaria que procuraría fondos europeos para a promoción dos viños de calidade que comparten a conca galaico-leonesa.
A adega Valdesil inicia a súa expansión no Bierzo

A ministra de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, Elena Espinosa inaugurou onte, na localidade de Cacabelos (o Bierzo), as instalacións adquiridas por adegas Valdesil que antes pertencían a "Losada Viños de Leira".
A adega Valdesil, dirixida por Guillermo Prada, é unha das maiores elaboradoras da Denominación de Orixe de Valdeorras, cunha produción que supera as 200.000 botellas, destinado a metade á exportación.
lunes, 26 de julio de 2010
Vilamartín de Valdeorras prepara “A Ruta das Covas”

O próximo 7 de agosto, terá lugar en Vilamartín de Valdeorras a XIV edición de "A Ruta dás Covas", onde todos os que desexen participar terán a oportunidade de probar os excelentes viños que nos ofrece esta zona.
Os asistentes poderán gozar, a partir das 17.00 horas do sabado, da degustación dos marabillosos caldos da zona en preto de cincuenta antigas adegas conservadas nas covas de Valdeorras. Os viños acompañaranse de deliciosos e diversos petiscos para completar desta forma unha nutrida oferta gastronómica polas delicias de valdeorresas.
viernes, 23 de julio de 2010
Adegas Sampayolo sacará ao mercado unha edición limitada de vermouth de elaboración propia

As adegas Sampayolo, situadas en Petín (Valdeorras), lanzarán ao mercado 70 botellas de edición limitada dun vermouth de elaboración propia. Cada botella lucirá un exclusivo gravado realizado por afamados artistas galegos e o seu prezo espérase que rolde os 500 euros.
Para a elaboración deste exclusivo e prezado vermouth, a adega empregou un 90% do seu tinto Sampayolo Mencía en combinación co viño godello Sampayolo, ademais de cítricos (laranxa, limón e mazá), froitos secos (noces, avellanas e améndoas) os responsables da súa elaboración utilizaron diversas herbas aromáticas de primeira calidade que dotan ao licor de gran bouquet e exclusividade no padal.
A data da súa comercialización corresponderase coa celebración da XIII Feira do Viño de Valdeorras, que terá lugar os días 14 e 15 de agosto na localidade da Rúa.
O Godello de Valdeorras segue recibindo un merecido recoñecemento internacional

Nos últimos vinte anos, o recoñecemento internacional do Godello de Valderorras non deixou de medrar. Son moitos os entendidos que enxalzan a súa finura e o seu delicado padal, todo un merecido recoñecemento para aquelas adegas e produtores que asumiron o risco de apostar pola recuperación da uva autóctona por enriba dunha produtividade de menor calidade.
Así da man de Jamie Drummond, recoñecido Sommelier e editor da prestixiosa “Good Food Revolution”, achéganos unha interesante análise sobre a calidade do Godello de Valdeorras e a súa repercusión internacional. Como valor engadido, este Post ofrécenos unha estupenda maridaxe gastronómica da man dos Chefs Chris McDonald and Doug Penfold de Toronto´s Cave Restaurant.
miércoles, 21 de julio de 2010
A XIII "Feira do Viño de Valdeorras" ofrece un curso gratuito de iniciación a catas

O Consello Regulador ofrecerá un curso gratuíto de catas, para quen desexe iniciarse nos segredos do viño, durante a Feira do Viño que se celebrará en a Rúa.
Todas aquelas persoas que se mostren interesadas en coñecer os segredos da cata de viños poderán aprendelos de forma gratuíta nos cursos de iniciación que o Consello Regulador levará a cabo na súa caseta da 'Feira do Viño de Valdeorras', que se desenvolverá entre o 12 e o 15 de agosto en a Rúa.
A Cámara de comercio de Ourense propón unha aposta polo enoturismo internacional

No segundo semestre do ano o sector vinícola será a gran aposta da Cámara de Comercio de Ourense. As actividades propostas céntranse en realizar un concienzudo estudo sobre os modelos de promoción internacional do viño para aplicalos ás denominacións de orixe ourensás.
Países como Estados Unidos, Rusia, Bélxica e Ucraína servirán de campo de Estudo para os investigadores.
martes, 20 de julio de 2010
Peter de Garmo diriginte de "Pastaworks" en Portland (Oregón), enxalza o godello de Valdeorras como selo distintivo da gastronomía española

Nunha entrevista concedida a Oregónlive, Peter de Garmo mostra o lado internacional da comida española acompañándoa coa recomendación de un viño para cada prato típico.
Recoñecéndose gran coñecedor da cultura española en todos os seus aspectos, de Garmo non dubida en recomendar o godello Val de Sil Montenovo como acompañamento perfecto para algúns pratos máis significativos da tradición gastronómica española.
Se queres ler o artigo completo preme aquí.
A XIII edición da Feira do Viño de Valdeorras serve de prato forte ás festas de a Rúa
.jpg)
As festas da Rúa daran comezo o vindeiro venres 31 de xullo, cun cara a cara entre Elvis e Mickael Jackson. Continuará o día 6 de agosto co musical "World of Abba" e o día 15 de agosto coa actuación de "Os Tres Tenores". A iso sumásense diversas orquestras, atraccións e competicións deportivas.
Pero un dos pratos fortes porao a XIII edición da Feira do Viño de Valdeorras que, desde o xoves 12 ao domingo 15 de agosto, ofrecerá unha nutrida oferta de actividades relacionadas co viño para todos aqueles que queiran participar.
Amplia información premendo aquí.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)