Mostrando entradas con la etiqueta GASTRONOMÍA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta GASTRONOMÍA. Mostrar todas las entradas

jueves, 12 de enero de 2012

O Barco de Valdeorras preparase para un xaneiro de Maridaxes Gastronómicos

Fonte Info: La Región

A II Ruta de Pinchos e a XII Festa do Botelo, principais atractivos gastronómicos da vila valdeorresa de O Barco en xaneiro.

Un total de 29 establecementos hostaleiros de O Barco iniciaban a pasada fin de semana a segunda edición de "O Barco vai de viños - II Ruta de pinchos', organizada polo Concello, a Asociación de Empresarios de Valdeorras (Aeva) e o Centro Comercial Aberto.

Até o próximo 22 de xaneiro, veciños e visitantes de O Barco poderán degustar algunha das creacións culinarias dos establecementos participantes.

Este ano, como novidade, editáronse uns cartóns, nos que se irá pondo o selo do establecemento ao que se acuda. Entre os clientes que completen o cartón sortearase a denominada 'escapada relax no Pazo do Castro', que consiste nunha noite de aloxamento en habitación dobre, con almorzo buffet para dúas persoas, dúas ceas de menú no restaurante e dous circuítos hidrotermales completos dunha hora de duración (jacuzzi, sauna finlandesa, termas de vapor ou duchas de aromas).

O primeiro día desta segunda edición da Ruta dos petiscos 'rexistráronse 550 persoas que os probaron nalgún dos establecementos participantes', sinala Anxo Álvarez, presidente do Centro Comercial Aberto.

Á súa vez, o Concello de O Barco comezará a vender as entradas da 'XII Festa do Botelo' mañá, ao prezo de 14 euros, que como cada ano, prevé reunir o próximo día 22 a un milleiro de comensais no polideportivo municipal de Calabagueiros.

Con estas dúas iniciativas proponse exaltar as delicias gastronómicas propias de Valdeorras en compañía duns dos viños máis premiados internacionalmente en 2011. Unha gran aposta para coñecer a máis pura esencia dunha marabillosa terra.



viernes, 2 de septiembre de 2011

O internacionalmente reputado cheff neoyorkino Eric Ripert, exalta no seu programa televisivo "Perfect Pairings" ao mencía de Valdeorras Casal Novo


Eric Ripper, chef gañador de tres estrelas Michelin e catro estrelas New York Times, é un gran filántropo que participa activamente axudando aos máis necesitados en Nova York. Á súa vez, presenta un premiado programa de cociña no que incluíu ao Mencía de Valdeorras Casal Novo, como unha maridaxe perfecta para combinar con pratos e comidas de sabores intensos.

Eric Ripert é o co propietario e Cheff Executivo dun dos máis importantes restaurantes estadounidenses, Le Bernardin, que se instalou en Nova York en 1986 previa fundación en París en 1972. Á súa vez presentou varios programas de televisión de temática culinaria que foron galardoados con importantes premios do audiovisual televisivo internacional. A todo iso hai que sumar un gran labor filantrópica en favor das clases máis necesitadas, cedendo de forma diaria e gratuíta unha gran cantidade de produtos de primeira calidade por medio da organización City Harvest.

A través dun dos seus grandes éxitos televisivos "Perfect Pairings", caracterizado por desligarse dos tópicos culinarios que caracterizan á cociña internacional, Ripper  preséntanos ao viño Casal Novo, un mencía xove pertencente á D.O. Valdeorras, como perfecto acompañante de alimentos de sabor intenso e gran exquisitez.

Neste programa rompe o tópico de que un viño xove non pode acompañar aos sabores fortes, querendo demostrar que estes viños poden ser un complemento perfecto aos alimentos de intenso gusto. E así presenta a Casal Novo, como:  "un viño lixeiro pero de gran exquisitez que mantén a acidez e frescura necesarias para contrarrestar e combinar con sabores intensos", como poden ser os embutidos de alta charcutería mostrados no vídeo.  

Este viño novo, suave e especiado, é en palabras de Ripert "a combinación máis exitosa para acompañar unha comida de sabores intensos entre amigos", puntualizando que "definitivamente necesítase un viño novo con corpo e personalidade para ser maridado con pratos de sabor intenso e así lograr un equilibrio de sabores armónico e proporcionado".

Non é casualidade que este gran Chef escollese a un viño pertencente á D.O. Valdeorras de entre a inmensidade de viños xoves que ofrece o mercado; e é que se de algo saben os produtores da comarca, é da combinación e maridaxe dos seus excelentes viños con produtos gastronómicos de alta charcutería e sabores intensos, como pode ser o afamado "Botelo" de Valdeorras.