miércoles, 22 de mayo de 2013

O Concurso Mundial de Viños de Bruxelas premia a Viñaredo Sousón



Un ano máis a cata referencia no sector europeo do viño, O Concurso Mundial de Viños de Bruxelas,   volve encumiar a calidade DO Valdeorras a través de Viñaredo Sousón, de adegas  Santa Marta , cunha máis que notable medalla de prata.

Adegas Santa Marta segue marcando tendencia nunha das catas referencias do sector internacional do viño e, como vén sendo habitual nos últimos anos, a edición 2013 non pasou desapercibida para os viños Viñaredo que, esta vez a través do Sousón, acadaron unha merecida medalla de prata.  


Viñaredo Sousón pertence a unha produción limitada de 1800 botellas para a súa colleita 2010, elaboradas coa variedade Souson, típica de Galicia e moi escasa,  en forma monovarietal. Obtense a partir de cepas cunha antigüidade mínima de 35 anos e o seu proceso de elaboración realízase por medio dunha premaceración fermentativa a 4ºC, durante 4 días, e posterior fermentación controlada a 24 ºC. Con postremeira crianza durante oito meses en barricas de roble e 4 meses en botella.  

A súa nota de cata é a seguinte:

Móstrase un viño brillante, denso de tonalidades azuis e cor vermella violáceo. O seu aroma é limpo con boa intensidade onde destacan os aromas a froitas vermellas. O seu paso por boca é suave, destacan aromas a tostados. É un viño fresco e cálido que se mostra aterciopelado cunha astrinxencia correcta e cun bo equilibrio, cuxo aroma persiste prolongadamente no post gusto a través dunha gradación de 13%.  


Santa Marta é unha adega familiar que desde 1998 produce, elabora e embotella os seus propios viños cunha constante: a calidade dos seus produtos ha de estar vixiada dende a vide até a botella.

Situado a 600 metros de altitude, nun clima de invernos fríos e veráns cálidos, o viñedo de Santa Marta atópase enmarcado dentro dun plan de produción integrada, onde o respecto á planta e aos seus froitos son a base para a elaboración duns bos caldos.

E na seguinte etapa, cando a materia prima pasa á adega, todo o proceso de elaboración realízase coa máxima precisión, posto que Santa Marta conta coa innovación tecnolóxica necesaria para iso. Trátase, en definitiva, de buscar a precisión en cada proceso, e así obter a máxima calidade para os seus viños, tal e como o ratifican os premios obtidos.


Ademais, Santa Marta foi pioneira en lanzar ao mercado una das grandes delicatessen que se recollen baixo o selo de calidade DO Valdeorras: o viño tostado Viñaredo, un produto que aúna tradición secular e modernidade, e do que pronto vos falaremos por extenso desde a nai do viño.






No hay comentarios:

Publicar un comentario