sábado, 12 de enero de 2013

O Consello Regulador e as adegas DO Valdeorras presentan os seus proxectos para 2013


O mantemento de tarifas para 2013 e os novos actos promocionais, a homenaxe a Horacio Fernández Presa, a presentación do novo viño de Adega A Pinguela e a colaboración das adegas DO Valdeorras con colectivos galegos , marcan o inicio do ano na DO Valdeorras.

O último pleno do Consello Regulador acordou manter os mesmos prezos da cualificación para a vendima de 2013 que nos anos anteriores e, con iso,  fai xa oito anos que as citadas tarifas non se tocan.

Segundo palabras do presidente José Luís García Pando: 'Non podemos pedir un esforzo maior ás adegas mentres nos podamos manter e , polo momento, imos ben', explicou.

Desta forma, o compromiso que se desprende desde o Consello Regulador e as adegas cos consumidores dos viños DO Valdeorras, mantense firme nunha mostra de seguir ofrecendo un produto de gran prestixio e sobresaiente recoñecemento internacional, ao mellor prezo.

Á súa vez, confirmáronse duas das novas presentacións internacionais que o Consello Regulador ten previstas para 2013. Suíza e Xapón son os destinos xa pechados para continuar cunha política de promoción internacional que trouxo notables éxitos en mercados tan esixentes como o belga e estadounidense en 2012.



Pola súa banda, unha das "almas mater" da recuperación da variedade Godello en Valdeorras e, a súa vez, director técnico da adega Godeval, Horacio Fernández Presa, recibiu onte unha merecida homenaxe á súa traxectoria. A Casa Grande de Viloira (O Barco de Valdeorras),  foi o lugar escollido para un acto onde José Domingo Pousada Enríquez, impartiu a conferencia "O futuro do viño. O viño do futuro".

O acto centrouse nunha actividade incluída dentro do ciclo "Cultura do Viño" dirixida polo Instituto de Estudos Valdeorreses.

Horacio Fernández Presa - Godeval 



A presentación interactiva da semana chéganos de parte de Adega da Pinguela, quen realizará nos próximos días a posta en escena dun novo viño amparado baixo o Selo de Calidade DO Valdeorras.

Adega da Pinguela, que conseguiu un notable éxito no Salón dos mellores viños de España, "Guía Peñín 2013", porá a disposición de todos os seus seguidores en Facebook a posibilidade de coñecer "en exlusiva" o seu novo caldo.

Lembrade, só no Facebook de Adega dá Pinguela






  
E para concluír esta primeira crónica semanal de 2013, facémonos eco da participación de dúas adegas DO Valdeorras na III Cata Solsticio de Inverno, realizada po parte da Asociación cultural de música e baile Flores Mareliñas.

Adega A Coroa cedeu o seu Godello 2011 e Adega Roandi fixo o propio coa súa recente creación, o espumoso "Brinde", nun acto que reforza a unión cultural da música e o baile coas manufacturas espirituosas da terra.

Por medio desta colaboración as adegas DO Valdeorras mostran o seu compromiso cos acervos culturais da terra, en estreita harmonía cunha manifestación tan lúdica, próxima e "nosa" como a música e o baile.




No hay comentarios:

Publicar un comentario