jueves, 3 de mayo de 2012

Xixón será o próximo destino para a presentación dos viños DO Valdeorras

O próximo 10 de Maio, Xixón acollerá unha nova presentación dos viños DO Valdeorras previa posta en escena do 24 de Maio en Londres.

O groso de adegas DO Valdeorras, que xa han colleitaron notables éxitos en capitais como Madrid, Valencia, Barcelona, Zúric, Nova York e Dallas, presentarán a súa excelencia nun acto que se celebrará o próximo 10 de Maio en Xixón.

Nun evento enfocado a todos os amantes do bo viño, presentaranse as novas anadas de diferentes adegas adscritas á DO acompañadas, estas, de numerosas novidades como a cata e degustación de variedades até agora descoñecidas por todos.

O acto celebrarase no Hotel NH Xixón, nos salóns Avant Garde; C/ Pª do Doutor Fleming, 71. Horario de 17:00 a 22:00 horas, e servirá como complemento inicial á presentación que se celebrará entre os días 24 e 26 de maio en Londres.

En breves días ofrecerémosvos un detallado resumo das adegas que presentarán as súas excelencias en Xixón e Londres.

No hay comentarios:

Publicar un comentario