viernes, 11 de mayo de 2012

Máis de 500 integrantes do sector vinícola asturiano reforzan a irmande con Valdeorras a través dos viños da DO galega

Foto: Jorge Mazaira
 Novo éxito para a embaixada da DO Valdeorras en Xixón quen, a través dos seus viños, consegue un novo éxito de crítica e afluencia en Asturias. 

"A singularidade e calidade dos viños de Valdeorras sitúan con forza a imaxe destes caldos na comunidade do principado". Así se resume a valoración do Consello Regulador, en palabras do seu director técnico Jorge Mazaira, quen se fixo eco do sentir xeral dos máis de 500 asistentes ao acto.

Nun evento marcado por un cariz fundamentalmente profesional, os asistentes puideron degustar as excelencias dos viños DO Valdeorras representados por 21 das máis significativas adegas da comarca. Este feito serve para reafirmar a máxima que outorga aos caldos DO Valdeorras o apelativo de "Revolución enolóxica do século XXI" e que pon de manifesto a calidade duns dos viños máis de moda no panorama vinícola internacional.

Foto: Marta Sertaje
A valoración das adegas vólvenos chegar da man de Marta Sertaje, directora comercial de Adegas A Coroa, quen destacou a gran afluencia de distribuidores e as altas valoracións compartidas por estes cara os viños presentados. 

Pola súa banda, o colectivo de asistentes, ademais de compartir os eloxios anteriormente citados, destaca o exquisito trato recibido por parte de adegueiros e Consello Regulador dentro do amplío recinto habilitado para o acto. 






No hay comentarios:

Publicar un comentario