viernes, 27 de abril de 2012

Os viños DO Valdeorras xeran gran expectación na súa presentación nos supermercados Makro de A Coruña

Jorge Mazaira, máximo responsable técnico do Consello Regulador Denominación de Orixe Valdeorras, presentou no día de onte nos supermercados Makro da Coruña as excelencias dos viños DO Valdeorras.

Nun acto enfocado a hostaleiros e restauradores da zona, a presenza de Jorge Mazaira levantou gran expectación entre os asistentes que puideron gozar duns dos viños máis de moda no panorama vinícola internacional. 

Os alí presentes valoraron moi positivamente a magnífica evolución dos brancos elaborados coa variedade autóctona de Valdeorras, a Godello, destacando a gran calidade dos mesmos e o excelente envellecemento que os caracteriza. 

Tamén se presentaron os tintos de nova tendencia que se están elaborando en Valdeorras mediante crianza en barrica e coas novas variedades amparadas polo Consello Regulador, recibindo unha excelente crítica por parte dos gratamente sorprendidos concorrentes.




No hay comentarios:

Publicar un comentario