lunes, 27 de febrero de 2012

A cociña tradicional galega e os viños DO Valdeorras seguen reafirmando o seu irmandamento da man de Benigno Campos e Jorge Mazaira

Onte Domingo, dentro das actividades enmarcadas no Fórum Gastronómico de Santiago 2012, o prolífico Cheff Benigno Campos, quen bate records de pantalla co programa gastronómico "Larpeiros", encumiou as peculiaridades da cociña tradicional Galega en compaña de Jorge Mazaira, responsable técnico do Consello Regulador DO Valdeorras.

Nun día no que a cociña tradicional galega volveu mostrar un firme irmandamento cos viños DO Valdeorras, Benigno Campos, cheff do programa de cociña que está a triunfar na pequena pantalla galega "Larpeiros", guiou a súa presentación en Fórum Gastronómico de Santiago na compaña do director técnico do CRDO Valdeorras, Jorge Mazaira. Entre ambos, destacarón as peculiaridades que encumían á gastronomía e ó viño galego como un adaíl desta xenerosa terra.

Jorge Mazaira e Benigno Campos
Cos produtos "made in Galicia" como bandeira, uns dos viños máis de moda no sector internacional, mostraron as súas excelencias en combinación con diversos produtos característicos da terra; reafirmando, desta forma, o estreito compromiso xerado por parte do Consello Regulador DO Valdeorras coa gastronomía galega, dentro dun marco no que se pretende exhibir a máxima, internacionalmente xeneralizada, que cualifica aos viños DO Valdeorras como "a revolución enolóxica do Século XXI".


No hay comentarios:

Publicar un comentario