miércoles, 26 de octubre de 2011

Profesionais do sector do viño de Suíza dan unha gran acollida aos viños D.O. Valdeorras

Foto: Jorge Mazaira
Profesionais do sector do viño, conformados por prensa especializada, importadores e grandes viñotecas helvéticas, enxalzaron as calidades dos viños D.O. Valdeorras na presentación celebrada o pasado luns en Zúric.

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras e unha importante comitiva de adegas adscritas a esta denominación de orixe, na súa iniciativa de achegar as excelencias de de esta terra, en forma de viños, a todos os recunchos do mundo; celebraron o pasado luns 24 de outubro unha presentación dos seus caldos en Zúric, que trouxo grandes eloxios para os viños valdeorreses.

Tal e como testemuñan as fotos, enviadas "in situ" polo responsable técnico do Consello Regulador, Jorge Mazaira; o sector profesional Suízo gozou dunha máis que agradable velada na que se destacou a calidade dos caldos valdeorreses, facendo clara alusión á excelente estrutura que presentan os brancos de Godello e destacando a marcada presenza de tons a froita nos tintos.


 Un novo éxito para a embaixada valdeorresa, que xa prepara a próxima presentación en Barcelona, o 10 de novembro.

Coñece todas as adegas participantes na presentación de Zúric:




Adega Roandi









No hay comentarios:

Publicar un comentario