lunes, 27 de junio de 2011

Os viños artesanais de gran valor déronse cita onte en Tui

Os viños artesanais de gran valor de diversas adegas de España e Portugal, déronse a coñecer onte dentro do marco incomparable do claustro da catedral de Tui.

A iniciativa que partiu da Asociación Galega de Catadoras (AGASU) en colaboración con Marina  García, responsable dunha importante vinoteca en Tui, tivo unha gran acollida por parte dunha nutrida concorrencia de profesionais e público especializado.

Por unha banda adegueiros participantes cualifican a iniciativa como brillante, así José Luís Mateo comunícanos que "No momento que proban os viños xa os valoran ... con esta inicitiva conseguimos transmitir á xente o entusiasmo que poñemos na elaboración destes caldos". Estes viticultores, axuntados na procura da máxima calidade, expresión e diferenciación, valoraron a iniciativa reforzada polo marco incomparable do claustro da Catedral de Tui; así Rubén Murciego López e Rafael Martín Peral, viticultores artesanais da zona de Valdeorras, coinciden en afirmar a importancia de "que se dean a coñecer os nosos viños e que a xente os probe neste marco incomparable".

No acto tamén se quixo incluír ao veciño Portugal, que alcanzou a súa máxima expresión na persoa de Álvaro Castro, viticultor da rexión lusa do Dao, quen compartiu con todos os asistentes a súa traxectoria como viticultor artesanal.

Amplía información


No hay comentarios:

Publicar un comentario