miércoles, 16 de marzo de 2011

Branco Xove de adega A Coroa, pertencente a D.O. Valdeorras, premiado no máis importante certame de viños en Alemaña.

Berliner Wine Trophy, un certame de recoñecido prestixio internacional e que está avalado pola Unión Europea, a Organización internacional do viño e o Senado alemán; premiou a tres viños galegos, entre os que se atopa o Branco Xove de adega  A Coroa.

"Sameirás 2009" da D.O. Ribeiro e "Alma de Branco 2009" da D.O. Monterrei únense a "A Coroa" branco Xove, para recibir este prestixioso recoñecemento internacional  que encumbra aos caldors brancos galegos como uns dos máis apreciados fóra das nosas fronteiras. E, é que non é baladí o gran recoñecemento que os viños galegos teñen en todo o mundo, onde a D.O. Valdeorras está a lograr un merecido lugar preferente cos seus Godellos; que, xa sexa dende España ou fóra dela, non cesan de recoller premios.

Dende a nai do viño presentámosvos este caldo de adegas A Coroa como un dos máis grandes e recoñecidos viños galegos, elaborado cun elegante Godello capaz de facer as delicias dos padais máis esixentes. A este premio hai que sumarlle o recoñecemento nacional máis importante, o Baco de Ouro, que se levou este ano como único representante dos viños galegos; ademais de 98 puntos outorgados pola Asociación Galega de Catadores ou os Distinguidos Gallaecia 2010.



No hay comentarios:

Publicar un comentario