viernes, 11 de febrero de 2011

Os viños de Valdeorras ultiman destinos

Suíza e Estados Unidos dous dos destinos da D.O. Valdeorras para 2011

Como viñamos adiantando en publicacións anteriores, o compromiso da D.O. Valdeorras de facer chegar os seus caldos a todos os recunchos do mundo faise efectiva coa "semi-confirmación" de dous novos destinos para 2011. Suíza e Estados Unidos serán duas das apostas internacionais para este ano, referendadas pola gran valoración que posúen os viños valdeorreses nestes  zonas. Aínda que seguro que se ampliará a oferta a novos países, nestes momentos está a realizarse un axuste orzamentario para paliar os preto de 85.000 euros de subvencións canceladas para esta campaña. Aínda así, o compromiso do Consello Regulador é total, e destinará para este mester preto de medio millón de euros. 

A estes destinos no estranxeiro hai que sumar os xa confirmados en España: o Fórum gastronómico de Xirona (a finais de mes), Fenavin, Vinisterrae ou a Feira do viño de Ferrol; así como senllas presentacións en Madrid (o 6 de xuño, no Palace) e o regreso a Barcelona, a finais de ano.

Mentres se van confirmando máis destinos, desde a nai do viño irémosvos transmitindo cumprida información  dos mesmos, ademais de pór  á vosa disposición invitacións para que, os que o desexedes, fagádesvos partícipes deles e podades compartilos con toda a familia da D.O. Valdeorras.




No hay comentarios:

Publicar un comentario