miércoles, 11 de agosto de 2010

Un xirasol afeccionado ao Mencía crece máis de cinco metros en Negreira

José Ramón Chapas e Gerardo Romarís, veciños de Negreira logran cultivar un xirasol que xa supera o cinco metros de altura e os doce centímetros de diámetro ao ser regado con viño mencía.

Ao non posuír acceso ao regadío da horta, os donos do espécime optaron por nutrir á planta con viño mencía. Os resultados saltan á vista, logrando dotar á "criatura" dunha envergadura fóra do normal. Os supostos pais agradecen a colaboración prestada pola Cafetaría Bolero, sen a cal, o fenómeno non podería realizarse

No hay comentarios:

Publicar un comentario