viernes, 13 de agosto de 2010

Esta noite coñeceranse os mellores viños de Valdeorras

Fot: LOLITA VÁZQUEZ
Onte comezaron as catas, que se resolverán esta noite co veredicto que premiará aos mellores viños dun total de 53 caldos participantes.

25 brancos e 28 tintos preséntanse a concurso en representación de 22 adegas das 45 amparadas no D. O. de Valdeorras. Este ano, o panel de cata estará formado por integrantes da asociación galega de sumelliers, a asociación galega de catadores, o comité de cata e integrantes de prensa especializada. Os resultados coñeceranse esta noite durante a celebración dunha cea en O Pazo do Castro (O Barco), á que confirmou a súa asistencia o consellerio de Medio Rural, Samuel Juárez.

No hay comentarios:

Publicar un comentario