miércoles, 3 de marzo de 2010

A D.O. Valdeorras presente un ano máis en 2010 Xantar

O Salón de Gastronomía e Turismo en Galicia abre hoxe as súas portas en Expourense. Durante cinco días, a D.O. Valdeorras participará en Xantar 2010 con un stand propio onde se poden probar Godellos e Mencías das adegas pertencentes á denominación de orixe.

Ademáis, a celebración do Ano Santo Compostelano estará no Salón de Gastronomía e Turismo de Galicia. Polo iso, varios restaurantes de diferentes rutas do Camiño de Santiago ofrecen os seus mellores menús en Xantar 2010.

A nosa recomendación é que vos achegaquedes ás propostas que ofrece a o Concello do Barco de Valdeorras e probedes o menú que inclúe: cecina de corzo, allo-porro recheo con pa de porco , arroz de vila, perdiz ao viño mencía, Entrecôte de corzo con variedade de cogumelos e flan de arroz con leite e pasteliños de campurrianas con chocolate quente e todo iso regado con Pagos de Galir.

No hay comentarios:

Publicar un comentario