jueves, 18 de febrero de 2010

BODEGA VALDESIL, S.L.

O espírito adegueiro da familia Prada ten as súas raíces nun personaxe simpático, José Ramón Gayoso, viticultor de Portela. Este viticultor pranta o primeiro viñedo íntegramente coa variedade "Godello en 1885, convencido do potencial desta variedade autóctona de Valdeorrase en contra das correntes do tempo. Pouco a pouco foron ampliando estas plantacións de pequenas parcelas "Pezas", seleccionando as mellores localizacións, nos arredores da Portela.

Pero en 2001, o ramo novo da familia, comezou a recuperar aquelas pezas pequenas que pertenceran a varias xeracións da súa familia, contaxiada da ilusión de aquel primeiro productor de viño, que, contra as tendencias do tempo, plantou a finca máis vella de godello que hai en Galicia hoxe: Pedrouzos.

Todas as Pezas de Godello que foron plantadas pola familia no pasado, foron rescatados e devoltas ao patrimonio familiar. Con este esforzo de recuperación, temos realizado a nosa propia selección clonal e poñer en práctica técnicas pouco comúns da viticultura galega, como é o traballo con cubertas vexetais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario