martes, 15 de diciembre de 2009

Alan de Val saca ó mercado o primeiro viño 100% brancellao


Desta primeira colleita valdeorresa elaboráronse 1.000 botellas

Autor:

La Voz
Data de publicación:
11/12/2009

A adega ruesa Alan de Val lanzou A Costiña, o único viño elaborado exclusivamente con uva tinta brancellao que existe no mercado. Amparado pola denominación de orixe Valdeorras, trátase dun viño elaborado con brancellao, que tras un paso por barrica de roble francés durante catro meses, descansou en adega un ano antes de saír á venda.
A producción final de A Costiña 2007 é de 1.000 botellas, que se puxeron á venda por un prezo superior aos 30 euros. Preséntase nunha botella borgoña de 75 centilitros, dentro dun estuche individual.
Según as notas de cata, é un viño «con moito corpo, ben cuberto, de cor vermella intensa e ribete violáceo. De aromas dulces, a mermelada de froitos vermellos e regaliz, con recordos florais de violeta e flor de almendro. En boca é un viño amplo, de correcta acidez, e tanino ben integrado, con un final longo e retrogusto mineral». É un viño «con personalidade que evolucionará ben en botella os próximos cinco anos» e que se presenta perfecto para acompañar «todo tipo de carnes, en especial guisos e caza», segundo apuntan os expertos.
A recuperación deste viño únese a otras nas que se traballa dentro da Denominación de Orixe Valdeorras, como a elaboración do tostado.

Foto Cortesía de Alan de Val: http:www.alandeval.com

1 comentario:

  1. Podeis consultar más información en la página web: http://www.dovaldeorras.tv

    ResponderEliminar