domingo, 15 de noviembre de 2009

Benvidos!



O noso blog quere abrir unha xanela ao mundo para presentar a Valdeorras como a nai do viño capaz de crear un universo en cada botella. E isto é dicir, que a tradición vitícola de Valdeorras remóntase á época romana. Ó abeiro dun microclima mediterráneo-oceánico, os romanos plantaron viñedos e construiron lagares, dando así orixe a unha cultura, hoxe secular, no coidado da viña.

Dende aquela época ata os nosos días, o arduo camiño percorrido polos viticultores e elaboradores foi dando os seus froitos ata conseguir que, a través da suma de tradición e innovación, os viños de Valdeorras sexan exportados aos cinco continentes.

A comarca, composta por nove concellos (A Rúa, A Veiga, Carballeda, Larouco, O Barco, O Bolo, Petín, Rubiá e Vilamartin), dispón de explotacións vitícolas, en todos eles, exceptuando A Veiga. As 1.300 hectáreas de viñedos actuais dotan a Valdeorras dunha singularidade única e a calidade dos seus caldos convértena nunha comarca onde o viño chega a ser a máxima expresión do sentir dunha terra, abandeirando a súa esencia nunha botella.

No hay comentarios:

Publicar un comentario