Mostrando entradas con la etiqueta Sousón. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Sousón. Mostrar todas las entradas

lunes, 16 de abril de 2012

Preto dun milleiro de distribuidores, especialistas e hostaleiros valencianos encomian as cualidades dos viños DO Valdeorras

Con motivo da presentación realizada polo Consello Regulador DO Valdeorras no Hotel SH Palace da cidade do Turia, o pasado 12 de Abril e na que se rexistrou un record de afluencia, os viños de 18 adegas adscritas ao selo de calidade DO Valdeorras volvéronse a facer acredores dos máis altos cualificativos outorgados por parte do sector especializado da capital levantina.

Aproveitando o tirón internacional que os viños desta DO galega teñen no estranxeiro, feito que se materializou nun incremento de importación do 93% en 2011, o Consello Regulador DO Valdeorras mostrou o seu firme compromiso co público nacional, en compañía dun elevado número de adegas da comarca e sendo Valencia a cidade elixida para mostrar a excelencia dos seus caldos.

Tomando a testemuña de Barcelona e Madrid en España e de grandes urbes como Dallas, Zúric ou New York alén das nosas fronteiras, unha vez máis, tanto promotores e participantes, como visitantes e invitados coincidiron en denominar o acto de presentación como un auténtico éxito.



Este feito reflíctese nas manifestacións compartidas por parte do organismo regulador, en boca do seu responsable técnico, Jorge Mazaira, que nos ofrecen as seguintes declaracións: - Quedamos entusiasmados coa expectación a modo de afluencia que espertou o acto, ademais da amplísima cobertura mediática que se outorgou ao mesmo. Á súa vez, a participación de importantes grupos técnicos da Comunidade Valenciana han acompañado o acto con cualificativos como "moi notable" e "excelente", reforzadondo a imaxe da DO no levante penínsular -.

Pola súa banda, e reafirmando as declaracións de Jorge Mazaira, desde o colectivo da Asociación de Catadoras da Comunidade Valenciana (FASCV) trasládannos as seguintes valoracións: - A calidade dos viños é sorprendente e excelente. Os godellos maridan á perfección coa nosa gastronomía e os mencías, garnachas e sousones resultan moi interesantes e un complemento perfecto para aqueles pratos máis intensos- . Declaracións que se traduciron na invitación formal por parte dos Catadores Valencianos á DO Valdeorras de participar nunha das feiras vinícolas máis importantes da Comunidade Valenciana: "A Gran Feira do Viño de Gandía 2012"

A valoración do acto por parte do sector dos adegueiros participantes chéganos da man de Marta Sertaje, directora comercial de Adega A Coroa. A Coroa é unha das adegas con máis galardóns internacionais pola súa colleita 2010, que presentou en rigorosa exclusiva en Valencia a súa nova colleita 2011. Estas son as declaracións de Marta: - A presentación tivo moito éxito. Eu non esperaba tanta afluencia de xente, pero unha vez que deu comezo, e non moi tarde, xa que só houbo que esperar unha hora para que a sala estivese. O público tivo a oportunidade de probar os caldos que facemos en Valdeorras e marabillouse pola calidade dos mesmos. Eu, no meu caso, levei a nova anada 2011, embotellada desde hai só 15 días e a pesar da súa mocidade, apunta maneiras e á xente encantoulle tanto A Coroa 2011 como A Coroa Lias 2010. O público foi moi profesional no sentido de que case todos viñan catar e degustar os viños, sendo a maioría, propietarios de restaurantes e persoal que traballa neles - .



Unha vez finalizado o acto, o Consello Regulador DO Valdeorras e un gran número de adegas xa se puxeron en marcha para trasladar as súas excelencias ao próximo acto promocional que se celebrará en Londres do 22 ao 25 de maio.






viernes, 19 de agosto de 2011

O monovarietal de Sousón, unha xoia por explotar.


"Hoxe queremos compartir con todos os seguidores da Nai do viño este interesante artigo sobre a variedade Sousón, recomendándovos o blog de IvinOurense para que gocedes de interesantes artigos sobre o mundo viño nesta provincia galega". 

Galicia, sorprendente terra de viños, de gran diversidade de terruños, climas, altitudes e de centos de variedades autóctonas, perdidas e esquecidas polas modas e tendencias. 

Unha delas é a magnífica variedade tinta Sousón. Trátase dunha das variedades máis difíciles de cultivar, unha das dificultades é que é de ciclo longo, o que quere dicir que chega á súa maduración óptima no mes de Outubro e se a iso sumamos que é moi sensible a cambios bruscos de temperaturas, ao sol, pragas e coas choivas e xeadas do outono condicionase o seu desenvolvemento. Os acios son de tamaño pequeno de forma cónica cos ombreiros moi compactos, o hollejo é fino e con moita pruina. Claro que toda esa fraxilidade e delicadeza unida ao seu alto contido en materia tánica e a súa alegre acidez configuran uns tintos elegantes de gran sutileza das que poucas uvas poden presumir. Son maduros, de potente bouquet e intensos aromas. 

Con todo aqueles tempos de deixar de lado as variedades que daban problemas xa quedaron atrás e podemos estar moi orgullosos do esforzo que fan os viticultores galegos en recuperar as variedades autóctonas que están a sorprender seducindo aos padais máis esixentes do panorama vinícola mundial. 

Até hai pouco tempo era impensable atopar un viño monovarietal 100 % Sousón e até pode resultar estraño xa que a práctica habitual era utilizar esta variedade como complementaria con outras variedades.


Viños elaborados a partir da variedade Sousón cunha singularidade única que merecen moito a pena ser bebidos e apreciados. 

VX Cuvée Caco 2007 Sousón, de adega Coto de Gomariz é un claro exemplo da consolidación desta nobre variedade. O enólogo Xosé Luís Sebio é quen dirixe esta sorprendente creación e quizais sexa o home que mellor coñeza o comportamento desta cepa.

Quinta Muradella Sausón, elaborado por José Luís Mateo que sen dúbida é un dos novos viticultores que cos seus escasísimos viños esta reivindicando á perfección o terruño e as variedades autóctonas.

Viñaredo Sousón, tras a recuperación de pequenas parcelas da cepa Sousón nace este singular veu da adega Santa Marta situada na bela localidade de Valdeorras comandada polo enólogo José Moreno Galindo que a pesar de ser a súa segunda anada pódese apreciar que hai un gran potencial.

Aínda que a Sousón sexa aínda unha xoia por explorar, con este tres grandes exemplos xa consolidados de terruños diferentes é evidente que volver ao pasado é a mellor innovación. 

Se temos en conta que hoxe en día se elabora viño en case todos os recunchos do mundo e unido que o consumidor está cada vez máis sofisticado, entendido e quere gozar, divertirse e probar viños con identidade que expresen o terruño, aí é onde Galicia ten un gran papel xa que conta cunha gran diversidade de variedades autóctonas, climas, chans etc. 

E non nos esquezamos que dentro dunha botella de viño á marxe da variedade de uva e da zona onde se elabore, vai algo máis dentro, a nosa cultura, o clima, os ríos, os cheiros das ladeiras, en definitiva nosa forma de vivir e de entender o viño.