martes, 10 de agosto de 2010

Concurso de fotografía. "O camiño da vide"


Fotografía de Cristina Martín. Vilamartín de Vadeorras con motivo da Ruta dás Covas. 7 de Agosto de 2010.

Cristina Martín, natural de Esparreguera, Barcelona, comparte con toda a familia da Nai do Viño a súa experiencia en terras valdeorresas e afírmase en exaltar a beleza da zona.


Comparte a túa visión sobre o mundo do viño en Valdeorras e gana grandes premios enviando as túas fotos a:

O Conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, proclama que Galicia é pioneira na protección dos viños de calidade

foto: José Ángel
O conselleiro encomiou a política de protección de produtos con denominación de orixe en Galicia e destacou a importancia promocional que teñen as feiras dedicadas a este sector.

Alegando que os produtos amparados baixo as denominacións de orixe, que utilizan variedades autóctonas, convértense no argumento preeminente na calidade dos mercados, Juárez inaugurou a feira do viño de Monterrei. Á súa vez o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijoó, reafirmou a moción exaltando as medidas tomadas polo Goberno galego na protección dos viños elaborados con variedades de uvas autóctonas.

Jammie Drummond: "Sobre a Mencía"

Jammie Drummond, sommelier de recoñecido prestixio internacional e un dos colaboradores da prestixiosa revista norte americana "Good Food Revolution", no seu percorrido pola xeografía española analizando os nosos caldos, do mesmo xeito que fixera co godello, exhalta a variedade do viño mencía como prestixiosa carta de presentación dos caldos españois no mundo.

Esta variedade de vitis vinifera, á que recentes probas de ADN emparentan de forma máis que directa co Cabernet Frac, cultívase principalmente na zona noroeste da península, con especial significación na zona do Bierzo e o sueste ourensán. As últimas teorías que defende este sommelier, lévannos á introdución da variedade actual vía Camiño de Santiago desde as fértiles terras da Borgoña francesa; atopando, na zona noroeste da península, a súa mellor implantación a efectos produtivos. O señor Drummond non dubida en sinalar unha calidade comparable en caldos aos franceses pero, que polo momento, aínda necesitan o debido recoñecemento internacional.

lunes, 9 de agosto de 2010

Concurso de fotografía. Tit:"O futuro que nos queda que agardar"

Fotografía de Jose Pereira. Vilamartín de Vadeorras con motivo da Ruta dás Covas. 7 de Agosto de 2010.

Jose Pereira inaugura o noso concurso fotográfico con esta belísima achega, que define na súa esencia a mirada de continuidade cara ao futuro da milenaria cultura e tradición valdeorresa.


Participa no concurso e gana grandes premios enviando as túas fotos a:

Colleita de Valdeorras 2009 cualificada de "MOI BOA"

Nos temas tratados polo Consello Regulador da Denominación de Orixe de Valdeorras imperou o consenso xa que as todas as propostas que se trataron foron aprobadas.

No referente ás vendimas contratouse un convenio cunha potente aseguradora para adquirir un seguro de responsabilidade civil con todos os traballadores que serán contratados por unha empresa de traballo temporal. Outro punto a tratar, que tamén se levou a bo termo, era a cualificación de viños reserva solicitada pola adega "Pagos de Galdir" para as anadas 2003 e 2006. O colofón final do bo traballo que está a realizar o Consello Regulador veu da cualificación de Moi Boa á colleita de 2009.

jueves, 5 de agosto de 2010

Xa está aquí A Ruta das Covas!


Como todos os primeiros sábados de Agosto, este sábado a partir das 20.00 celébrase en Vilamartín de Valdeorras A Ruta dás Covas.

Esta festa, que é probablemente una das de maior repercusión internacional do panorama ourensán, este ano contará con máis de 45 covas nas que degustar os excelentes viños da zona acompañados de deliciosos bocados típicos da terra. No referente á asistencia espéranse bater todos os records, sumando ao presidente da Xunta de Galicia entre os asistentes.


Lembrámosvos que podedes compartir as vosas fotos e gañar grandes premios enviandoas a:

lamadredelvino@dovaldeorras.tv

miércoles, 4 de agosto de 2010

Degustación en A Coruña dos viños galardoados no Concurso de Viños do Noroeste


Hoxe, a partir das 18.00 horas, no Restaurante da Domus, Museo Científico-Casa do Home, terá lugar a presentación dos viños premiados no Concurso de Viños do Noroeste.

Neste evento, que coincide coa semana grande das festas da cidade herculina, poderanse degustar os viños gañadores do III Concurso Internacional de Viños de Noroeste, entre os que se atopan caldos das denominacións de orixe Ribeira do Douro, León, Ribeira Sacra, Monterrei, Ribeiro, Rías Baixas, Bierzo e por suposto Valdeorras. Desta última Denominación de Orixe destaca entre os premiados "MEMORIA DE VENTURA, MENCIA 2009" de Adegas a Pinguela, gañador dun "Gran Ouro" na cata.

martes, 3 de agosto de 2010

A Ruta dás Covas de Vilamartín contará este ano con máis de 45 covas


Máis de 45 covas, dun total de 150 que posúe o Concello valdeorres, abrirán as súas portas aos visitates na XIV edición da Ruta dás Covas de Vilamartín.

Esta edición, na que se esperan máis participantes que nunca, dará comezo 20.30 do próximo sábado cando se fará entrega dos panos identificativos e dun plano para evitar que alguén poida perderse. Ademais, con cada entrada repartirase unha cunca, para ir probando os viños que se degustasen ao longo de todo o percorrido e que este ano se servirán acompañados de petiscos. A festa concluirá na Rodeleira amenizada polos grupos "Os Brothers" e "Bukowsky Blues Trío".

Se queres compartir as túas fotos e ademais gañar grandes premios, envianos as túas imaxes dixitais a:

lamadredelvino@dovaldeorras.tv

Bodegas que participarán na XIII Feira do Viño de Valdeorras



Confirmadas as adegas participantes na XIII Feira do viño de Valdeorras son as siguientes:

  • Adega Alan SAT
  • Adega Cepado SL
  • Adega A coroa SAT
  • Adega Carballal
  • Adega Chan de Ouro SL
  • Adega da Pinguela SL
  • Adega Melillas SL
  • Adega O Casal SAT
  • Bodega Cooperativa Virgen de las Viñas
  • Bodega Cooperativa Sta. María dos Remedios
  • Bodega Germán Rodríguez Salgado
  • Bodega Sampayolo
  • Bodega Santa Marta SAT
  • Bodegas Ruchel SL
  • Adega Avelina SAT
  • Adega Quinta da Peza
  • Bodega Cooperativa Jesús Nazareno
  • Bodega Eladio Santalla Paradelo
  • Bodega Jesús Rafael RGuez Nuñez
  • Bodegas Virxen de Galir SAT
  • Joaquín Rebolledo SA
  • Viña Somoza Bodegas y Viñedos SL

lunes, 2 de agosto de 2010

Primeiros avances na Crianza de viño en Carballo Galego


A maduración de viño en carballo; proxecto realizado pola Escola Superior Politécnica de Lugo en colaboración coa Universidade de Castela León e na que participan DO Valdeorras e adega Algueira (Ribeira Sacra), comeza a ofrecer os primeiros resultados positivos.

Dende a época dos Romanos non se volveu a usar o carballo autóctono de Galicia namaduración de viños. Pero en 2008, da man de Ignacio Díaz Maroto e o seu equipo da politécnica lucense, emprendeuse a recuperación desta madeira, e así, 225 litros de viñoMencía repousan en catro barricas bordalesas elaboradas con madeira de roble galego (Carballo).
Aínda que haberá que esperar até 2011 para coñecer datos realmente fiables, pódeseafirmar que os primeiros estudos achégannos expectativas moi esperanzadoras. En primeiro lugar, os caldos están a manter moi ben a súa calidade tanto en gradación alcohólica como en cantidade de volátiles e os tánitos específicos que achega esta madeira van moi ben para este tipo de viños. Con isto, o profesor Ignacio Díaz Maroto, atrévese a afirmar que o Carballo galego non ten nada que envexar o americano nin ao francés; e que, se todo sae segundo o previsto, pronto se comezará a experimentar con outras especies autóctonas galegas.