Mostrando entradas con la etiqueta enoturismo Valdeorras. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta enoturismo Valdeorras. Mostrar todas las entradas

lunes, 30 de abril de 2012

Adega Alan de Val ofrece unha xornada enoturística de Gastrosexología


A prestixiosa adega ruesa Alán de Val ofrecerá o próximo 11 de Maio, polo módico prezo de 30 euros, unha orixinal oferta enoturística baseada na Gastrosexología.

A cita dará comezo o vindeiro venres 11 de Maio ás 18:00 horas da tarde, coa chegada dos asistentes que desexen gozar do acto a adega Alán de Val. 

Tras unha visita polas instalacións, ás 19:00 horas baixarase á cova onde se presentará un convite integrado por diferentes pratos típicos da rexión. Todo iso acompañado pola gran variedade de prestixiosos caldos que produce esta adega adscrita á DO Valdeorras.

Unha vez que os integrantes gozasen destas delicias gastronómicas, ás 20:30 horas e na propia adega dará comezo o relatorio degustación de doces típicos da zona de orientación gastro-sexológica; aderezado, todo iso, coa ampla gama de licores que tamén produce Alán de Val e baixo a batuta da sexóloga Mónica Novas.

Como plus engadido, no acto participará o bicampión galego de bármans, Óscar de Toro, quen porá ao servizo dos asistentes a súa pericia e saber coas variadas bebidas que se poderán gozar nun acto que, a recado, será de grato e intenso recordo para os participantes. 





lunes, 23 de abril de 2012

As adegas DO Valdeorras abrirán as súas portas ao gran público o próximo 26 de Maio

 O próximo 26 de Maio, as adegas DO Valdeorras incluídas na Ruta do Viño realizarán unha xornada de portas abertas co fin de compartir as súas excelencias co gran público.

Do mesmo xeito que o resto de adegas das diferentes DO galegas adscritas á iniciativa de que se ampara baixo o nome de "a ruta do viño", as adegas DO Valdeorras realizarán unha xornada de portas abertas nas que o público en xeral poderá valorar a excelencia dos seus apreciados viños, ofrecendo á  maiores, entrada gratuíta para coñecer as súas instalacións e todo isto amenizado por diferentes actos culturais e ofertas gastronómicas.

Por medio desta iniciativa preténdese achegar ao público adxacente a excelencia duns dos viños máis de moda no panorama internacional, fomentando a variada oferta turística e enolóxica desta rexión.