Na parroquia de Éntoma, parte oriental da comarca de Valdeorras, encóntrase situada a adega e os seus viñedos, na confluencia do río Sil e Galir. É este río, Galir, o que dá nome ao santo patrón desta parroquia, e á adega.
É unha adega totalmente familiar, onde tales tarefas delicadas como bombeamento de pastas ou triturado están feitos en instalacións que coidan e miman ditos procesos.
O dono da Adega Francisco Fernández Álvarez veu a vendimar a Valdeorras e de tanto que lle gustou a uva, o doce que era, decidiu que en canto puidese compraría uns viñedos en Valdeorras. De aí que hoxe en día a Adega Francisco Fernández Álvarez esté situada na Rúa de Valdeorras.
Na Valdeorras rural, do mesmo xeito ca no resto de Galicia, e moitos outros lugares do mundo, o calendario occidental, rexíase polos ciclos da natureza. Deste modo, o viño, coma outros cultivos, tiña o seu propio ciclo segundo as estacións do ano. Velaquí neste vídeo, o ciclo do viño correspondente ó tempo da vendima, no outono.
As celebracións asociadas á vendima remóntanse ós tempos en que o viño era a ponte entre deuses e homes. Por iso, en Valdeorras a cultura de tradición oral está aínda moi viva e é por elo que os vendimadores de máis idade, mentres vendiman, alivian a fatiga con cantos populares de tradición oral.
A pesar dos tempos que vivimos de despoboación rural no mundo, é un pracer e unha fortuna ver que nesta comarca as novas xeracións de mozos e mozas seguen as tradicións dos seus avós acudindo a vendimar canda eles.