Mostrando entradas con la etiqueta Maridaxes Gastronómicas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Maridaxes Gastronómicas. Mostrar todas las entradas

viernes, 29 de junio de 2012

Bonito con vinagreta de Tomate seco, Mazá e Tomiño en maridaxe con Godello DO Valdeorras

O verán chegou e con el, por cortesía de Grupo Gastronómico de Galicia  "Grupo Nove" e Consello Regulador Denominación de Orixe Valdeorras, dende A nai do viño presentámosvos en exclusiva un menú gastronómico de Vangarda para que gocedes, nestas datas, da mellor gastronomía de Galicia en Maridaxe cos uns dos caldos máis de moda no panorama vinícola internacional.

Antonio Botana, prestixioso Cheff de Grupo Nove e rexente do restaurante Pandemonium en Cambados  (Pontevedra), ofrécenos esta receita típica do verán a fin de que, todos aqueles que así o desexedes, poidades gozar nas vosas casas da mellor cociña de vangarda en estreita maridaxe co prestixio dos viños DO Valdeorras.



Antonio Botana describe a súa cociña da seguinte maneira:

"A sensibilidade, a paixón e o coñecemento deben figurar con letras maiúsculas no libro de ruta desta procura inconformista e constante que entendemos que debe ser a cociña. Definímonos como os buscadores desa mensaxe que está dentro do produto. O noso único labor é descifralo e que canto máis o estudemos e canto máis profundemos nel, máis preto estaremos de atopar a súa excelencia".

Con todo iso, así nos presenta Antonio a súa receita:


O seu restaurante, Pandemonium, encádrase nun proxecto que pretende desenvolver unha cociña de autor baseada no produto autóctono e nunha procura incesante da mensaxe que a propia materia prima poida transmitir; para todo iso, enténdese como feito dunha importancia suprema o acceso directo ao produto e o estudo do mesmo para tratar de atopar a súa maior expresión. Tamén se busca como fundamentais outros factores que contribúan a que o cliente do restaurante teña unha experiencia que transcienda ao mero feito culinario, isto reflíctese nun servizo dinámico e eficaz, unha oferta vinícola de amplo espectro e unha imaxe do restaurante que complemente todo a viva esencia do pracer culinario.

Con esta primeira receita pretendemos abrir unha porta para convidarvos a que os próximos venres sigades descubrindo novas propostas gastronómicas da nova e rica cociña de vangarda galega quen, a través de Grupo Nove, preséntanse  en estreita maridaxe coa excelencia dos caldos amparados baixo o selo de calidade DO Valdeorras.


 

lunes, 19 de marzo de 2012

Pepe Solla, en compañía dalgúns dos máximos expoñentes da cociña de vangarda, analiza as tendencias enolóxico-gastronómicas de evolución.

Pepe Solla, candidato ao III premio Millesime 2012 que lle acredita como un dos máximos representantes da cociña de vangarda española, en compañía dalgúns dos máis representativos cociñeiros do prolífico Grupo Nove fálannos da nova tendencia vinícola internacional personificando nos viños DO Valdeorras.

No vídeo que acompaña a este artigo, todos os amantes do viño e a gastronomía poderán coñecer de primeira man as opinións dalgúns dos máis destacados representantes da cociña de vangarda española e internacional, tal e como afirman as estrelas michelín das que son acredores a maior parte dos interlocutores.

Como introdución a este vídeo, congratúlanos presentar ao que é cualificado por moitos como "un dos máis importantes e prometedores chefs españois do momento", Pepe Solla. Do mesmo xeito que se fará co resto de participantes no vídeo ao longo dos próximos días, é a nosa intención render homenaxe no día do seu santo a José "Pepe" Solla, presentando as cualidades que o acreditan como unha eminencia dentro da nova cociña de Vangarda Internacional.


A solidez alcanzada en tan pouco tempo por Pepe Solla na cociña, só é explicable por dúas razóns: porque o leva no sangue e porque, cada ano menos junior, buscou o perfeccionismo en tempos de madurez persoal resultando, que ademais do interese pola progresión da cociña galega -herdada do tipismo dos seus pais-, o vástago que empezou como catador, tiña unha man e unha cabeza para a comida ben combinada e ben feita. Selo reservado unicamente para os escollidos.

Como resulta que o seu compromiso coa causa está por encima da cobiza comprensible, Pepe ofrece ao comensal acabados maxistrais, pero, tamén, espazos xenerosos no seu restaurante, Casa Solla, que xa cumpriu 50 anos ao servizo dos amantes do bo comer. Tanto no comedor minimalista e elegante, como na sala de estar, confortable no aperitivo ou na sobremesa. A madurez é xenerosa.

Así autodefine Pepe a súa relación coa cociña:

"...E despois de unhas cantas voltas e outros tantos anos, aquí estou; desde que eramos pequenos os nosos pais sentábannos nunha escaleira de pedra que comunica a cociña con outra zona do restaurante, dábannos a moña dunha bola de pan e esperabámolos mentres eles traballaban... ...viámolos entrar e saír da sala, os pucheiros e as potas fumegaban, o ritmo era rápido, en ocasións acelerado, mentres, nós entretiñámonos comendo o molete, ás veces quedabámonos durmidos e despois, cando remataban, subíannos a cama en brazos, case nin nos espertabamos; outras veces acababámonos todo o molete e dábannos outro máis, aínda non chegara a hora de subir a casa, ao final como sempre as pálpebras caían, e a noite acababa, como de costume, nos brazos dos nosos pais; ...a historia repetíase todo o ano, pero no inverno a escaleira estaba xeada e cubríana cun mantel para que non nos arrefriásemos, mentres o lagar de carbón quentaba todo o cuarto que ocupaba a cociña... Non é unha historia diferente que a que contan todos os que coma eu, nacemos no medio dun restaurante familiar, e tras vivir esta infancia, a metade afastáronse para sempre del e a outra metade; como se ve, eu pertenzo a esta segunda; volvemos a el coma se formase parte de nós, ou será que somos nós parte del?. Quen coñeza a miña carreira ao longo do últimos catorce anos así o viu, eu empecei a formar parte da historia do Restaurante e el da miña, e segundo andabamos xuntos, integrabámonos máis cada vez, e desfaciámonos de banalidades, desposuíndonos do que non era necesario e imprescindible e quedándonos co esencial; falo tanto a nivel cociña como sala, buscabamos a claridade. Non obedece iso á tendencia do minimalismo, tan en boga, senón máis ben eu diría sinxeleza; sinxeleza que me ilusiona e ás veces atérrame, ou máis ben asústame o que non se entenda; sinxeleza e simplicidade non é o mesmo, esencialismo e como na definición da miña páxina, estilismo, iso si é a liña a seguir; Maite, Alfredo, Marcelo, Josiño...a todos eles teño que agradecer a súa compañía nesta viaxe, aos meus Pais, aos meus Irmáns, a José, a Lourdes... ao fin e ao cabo tamén nos debemos á nosa contorna, a paisaxe, a despensa e o home, eles tamén comparten e forman o noso universo particular, o cal imos moldeando e á vez moldéanos a nós mesmos".

E como o prometido é débeda, aquí vos deixamosa a análise que os integrantes de Grupo Nove presentan sobre as novas tendencias enolóxico - gastronómicas da vangarda culinaria internacional.