Mostrando entradas con la etiqueta GUITIAN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta GUITIAN. Mostrar todas las entradas

miércoles, 26 de octubre de 2011

Profesionais do sector do viño de Suíza dan unha gran acollida aos viños D.O. Valdeorras

Foto: Jorge Mazaira
Profesionais do sector do viño, conformados por prensa especializada, importadores e grandes viñotecas helvéticas, enxalzaron as calidades dos viños D.O. Valdeorras na presentación celebrada o pasado luns en Zúric.

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras e unha importante comitiva de adegas adscritas a esta denominación de orixe, na súa iniciativa de achegar as excelencias de de esta terra, en forma de viños, a todos os recunchos do mundo; celebraron o pasado luns 24 de outubro unha presentación dos seus caldos en Zúric, que trouxo grandes eloxios para os viños valdeorreses.

Tal e como testemuñan as fotos, enviadas "in situ" polo responsable técnico do Consello Regulador, Jorge Mazaira; o sector profesional Suízo gozou dunha máis que agradable velada na que se destacou a calidade dos caldos valdeorreses, facendo clara alusión á excelente estrutura que presentan os brancos de Godello e destacando a marcada presenza de tons a froita nos tintos.


 Un novo éxito para a embaixada valdeorresa, que xa prepara a próxima presentación en Barcelona, o 10 de novembro.

Coñece todas as adegas participantes na presentación de Zúric:




Adega Roandi









martes, 18 de octubre de 2011

Os viños de Valdeorras presentarán as súas excelencias en Suíza

 Unha gran comitiva formada por 12 adegas valdeorresas, baixo o amparo do Consello Regulador desta D O, prepáranse para presentar as súas mellores galas o vindeiro luns 24 de outubro en Zúric, Suíza.

Tras unha exitosa vendima que trae os mellores presaxios para a colleita 2011, a flor e nata das adegas valdeorresas visten as súas mellores galas para achegar ao público suízo o reflexo da esencia dunha terra.

O vindeiro luns 24 de outubro no Restaurante Metropol, situado en Fraümunsterstrasse 12, Zúric, en horario de 15:00 a 19:00 para público en xeral e a partir das 19:35 para público e prensa especializados, doce das adegas máis representativas da D.O. Valdeorras realizarán unha presentación dos seus caldos que a recado farán as delicias dos padais máis esixentes.

Para a ocasión, e como mostra do compromiso do Consello Regulador da D.O. Valdeorras de achegar as excelencias dos seus caldos a todos os públicos, A nai do viño pon a disposición de todos os seus seguidores cinco invitacións dobres e gratuítas ao evento. Estás invitacións cortesía do C.R.D.O. Valdeorras, serán concedidas a quen o desexe por rigorosa orde de solicitude na seguinte dirección de correo: lamadredelvino@dovaldeorras.tv

Desexando que a iniciativa sexa de voso agrado, aquí vos presentamos as adegas que integrarán a comitiva da D.O. Valdeorras en Zúric. Podedes acceder á súa web e coñecelas de forma máis detallada clickando sobre cada unha delas.




Adega Roandi








martes, 11 de mayo de 2010

Tres viños de Valdeorras reciben medallas no Concurso Mundial de Bruselas

Unha vez fallado o Concurso Mundial de Bruxelas 2010, o campionato mundial da cata con case 7.000 viños e espirituosos participantes do mundo enteiro e co aval de dezasete anos de experiencia, destaca a calidade das denominacións de orixe ourensás, xa que tres delas obtiveron importantes recoñecementos ao lograr nove medallas: dous de ouro e sete de prata.

Viños do Ribeiro, Valdeorras e Monterrei contribuíron así a que España siga ocupando un prestixioso segundo lugar en canto ao número de recoñecementos obtidos no coñecido e reputado certame ano, no que participaron este ano 275 catadores profesionais en Palermo, pero o primeiro como o país con máis grandes medallas de ouro do Concurso Mundial de Bruxelas, dezasete fronte ao dezaseis do ano pasado.

Dous delas foron para a Colección Costeira Treixadura 2009 da Cooperativa Vitivinícola do Ribeiro e tamén para Pazo de Mariñán Branco 2009 de Pazo Branco Núñez S.L. de Monterrei, a denominación máis nova da provincia.

O sete medallas de prata restantes obtidas por viños ourensáns repartíronse en Valdeorras, tres, para Bioca Godello 2009, Guitián Sobre Lías 2008 e Viñaredo Barrica Selección Godello 2007, no Ribeiro para Adega do Moucho 208 e Beade Primacía Branco 2009 e en Monterrei. Neste caso recaeron para Alma de Branco Godellos 2009 e Quinta deas Tapias Branco 2009.

O Concurso Mundial de Bruxelas é ademais o primeiro certame que instaurou un control, a posteriori, dos viños premiados para garantir a lexitimidade dos seus resultados. Despois de cada edición da cita, un laboratorio independente analiza químicamente unha selección importante das mostras premiadas e un equipo de enólogos cata as botellas enviadas comparándoas con outras compradas anonimamente nos puntos de venda, recoñece o propio concurso, o que dá máis valor aos premiados.

martes, 12 de enero de 2010

ADEGA A TAPADA S.A.T.

O propietario da Adega A TAPADA, Senén Guitián, foi o primeiro viticultor que montou un sistema de calefactor anti-xeadas a nivel nacional.

Hai que destacar dous aspectos espléndidos nos viños desta adega: por unha aprte, a súa riqueza e intensidade aromática, e por outra, un paso de boca de enorme amplitude, tan pouco habitual nos viños blancos e menos aínda nos blancos de Galicia.

O segredo está sen dúbida nesas 9 Ha. De viña que rodean a adega. Un espléndido viñedo plantado exclusivamente con uva Godello que leva anos xa demostrando as enormes posibilidades desta variedade de uva, circunscrita hoxe en día á comarca de Valdeorras eq uee stivo a pnto de desaparecer.