
A filosofía da Adega José González González parte da tradición vitícola dos seus antepasados, xa que sempre se dedicaron á elaboración do viños da comarca.
Esta adega ance da visión de futuro do seu fundador e do seu coñecemento da fertilidade e xenerosidade da terra queo veu nacer.
Godeval conta para a súa vinificación cunha modernísima tecnoloxía, que se suma á noble vocación dos seus fundadores por respetar o mellor que a tradición pode aportar. Dende a súa fundación prima máis a calidade que a cantidade, polo que a súa producción non pasa dos 150.000 litros, elaborados exclusivamente con uvas Godello das súas 17 belísimas hectáreas de viñedo propio.
A Bodega Cooperativa Virgen de las Viñas foi fundada no ano 1964 polos viticultores da comarca de Valdeorras pertencentes a catro concellos, Petín, Villamartín de Valdeorras, O Bolo e A Rúa de Valdeorras.
A Bodega Cooperativa Santa María de los Remedios nace en 1959 por iniciativa do cura párroco de Larouco xunto con 97 viticultores da zona. Na actualidade, esta empresa componse de 265 socios, propietarios dos viñedos da parte oeste de Valdeorras; concentrandose nos concellos da Rua, Petin, Larouco e O Bolo.
A Bodega Cooperativa Jesús Nazareno, situada no Barco de Valdeorras, leva traballando 52 anos e está composta por 410 socios. Cabe destacar que o pasado ano as ventas da sociedade aumentaron casi un 20% dende setembro. Esta boa racha permitiu a adquisición dun robot para introducir en caixas as botellas, que costou 350.000 euros.
O propietario da Adega A TAPADA, Senén Guitián, foi o primeiro viticultor que montou un sistema de calefactor anti-xeadas a nivel nacional.
A paixón polo viño da Adega Melillas S.L. Comeza no cultivo de viñedos propios no val de Valdeorras. As cepas centenarias cultivadas nos terreos de lousa nas ladeiras do val da Rúa gardan o gran segredo do Lagar do Cigur. A calidade dende os viñedos ata a botella é a súa filosofía.
da Godello (Galiciano Día), representado polo sol e un tinto de Mencia (Galiciano noite), representado pola lúa.
En pleno Val de Valdeorras, xa coñecida dende a antigüidade como unha dos pasos naturais de entrada a Galicia, e en fincas localizadas na súas soleadas ladeiras, sitúase a adega A Coroa.