martes, 7 de septiembre de 2010

Concurso de fotografía. "Petín"

Fotografía de María José González. Petín, 4 de setembro de 2010.

Fotografía que nos mostra a beleza paisaxista desta zona, nunha das súas imaxes máis características e significativas.


Comparte a túa visión sobre o mundo do viño en Valdeorras e gana grandes premios enviando as túas fotos a:

Cepas centenarias inauguran a vendima galega

A vendima galega deu comezo onte en Valdeorras coa recolección da variedade godello en cepas de máis de 120 anos.

A adega Valdesil, na súa finca de Pedrouzos (Vilamartín), deu inicio onte aos traballos de recolección de godello. Tras realizar concienzudos análise que garanten o óptimo estado de maduración da uva, a adega valdeorresa foi a pioneira en dar inicio á vendima 2010 na comunidade galega. O motivo que fai que esta adega se coloque á cabeza do resto da comunidade, faise patente na idade das súas cepas. Nun ano no que as tardías xeadas e a sequia a atrasado a maduración, estas plantas, con máis de 120 anos, puideron facer fronte ás inclemencias obtendo maiores nutrientes da terra, grazas ás súas raíces de máis de 20 metros.

Hoxe, agárdase un paro no proceso que se estenderá até o vindeiro xoves, debido ás choivas; que se augura que melloren, aínda que en leve medida, a produción das zonas máis castigadas pola seca.

jueves, 2 de septiembre de 2010

O vindeiro seis de setembro comeza a vendima na comarca de Valdeorras

O seis de setembro é a data seleccionada por unha das adegas da Denominación de Orixe Valdeorras para comezar a recollida da uva. O pasado ano, nesa mesma data, cinco embotelladoras comezaran o traballo e outras tres ultimaban os preparativos para empezar. O atraso do inicio da vendima este ano foi achado ás adversas condicións meteorolóxicas, sobre todo á sequía, en palabras de agricultores da comarca.

As dificultades coas que se presenta a campaña foron subliñadas polo director técnico do Consello Regulador, Jorge Mazaira, quen indicou que a vendima se presenta 'moi desigual' para as viñas da Denominación de Orixe. 'A unhas afectoulles a xeada e a outras, situadas a 100 metros, non lles tocou', comentou.

A pesar da sequía, as fortes xeadas e os bruscos cambios de temperatura, existen factores positivos que benefician á vendima vindeira. A tormenta durante a xornada de onte trouxo fortes precipitacións que foron recibidas con xúbilo por parte dos agricultores e adegueiros.

miércoles, 1 de septiembre de 2010

Gallaecia 2010 premia os mellores caldos galegos

44 viños das 5 Denominacións de Orixe galegas repártense, en igual medida, o Galardón Gallaecia 2010 , que conta co recoñecemento Oficial do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño do Goberno de España.

Un total de 107 caldos déronse cita onte en Silleda para optar aos Galardóns Gallaecia 2010. Estes caldos, seleccionados finalistas, foran valorados previamente pola Asociación de Sumilleres de Galicia en paneis de cata realizados nos meses de maio, xuño e xullo, dentro dos Consellos Reguladores de cada unha das cinco D.O galegas. Na cata final, realizada onte por un panel no que participaron dez catadores, outorgáronse os galardóns a 44 viños das cinco D.O.

O significativo dos galardóns é a equidade que se conseguiu en Valdeorras e en Monterrei entre brancos e tintos; con similar e igual número de galardóns respectivamente. Feito que nos transmite a excelente elaboración de caldos que se realiza nestas zonas coas diversas variedades de uva.

jueves, 26 de agosto de 2010

As Denominacións de Orixe Ourensás esperan manter, mesmo aumentar, a produción mellorando a calidade.

As Denominacións de Orixe ourensás afrontan as xornadas previas á recolección con diferentes perspectivas, pero sempre pendentes da climatoloxía.

Mentres que no Ribeiro e Monterrei espérase superar e manter a produción do ano pasado respectivamente. En Valdeorras, aínda que cun leve descenso; Jorge Mazaira, técnico desta denominación, espera achegarse ás cotas de cinco millóns de kilográmos colleitados en 2009. Afirma, que aínda que o estado produtivo dos viñedos é desigual devido ás tardías xeadas, a calidade e o estado sanitario son excelentes.
A gran damnificada da provincia é a D.O Ribeira Sacra, xa que o ataque do fungo mildiu, produciu importantes estragos naquelas viñas nas que non se tomaron as pertinentes medidas ao seu debido tempo.
Esta información vén suavizar en gran medida os datos facilitados polo Observatorio Español do Mercado do Viño (OeMv) que auguraban un descenso produtivo moi importante na comunidade galega.

miércoles, 25 de agosto de 2010

Galicia espera unha das peores colleitas no tocante a producción dos últimos anos.

As previsións auguran unha produción próxima aos 0,85 millóns de hectolitros de viño, un decremento do 7,2 % con respecto á campaña anterior.

Mentres que a produción xeral do país aumenta en case un 1%, a extrema climatoloxía desta tempada fai que a produción de viño en Galicia poida reducirse en máis dun 7%. Aínda que os estudos realizados polo Observatorio Español do Mercado do Viño (OeMv) son cualificados polo Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño de prematuros; todo fai pensar que a situación en Galicia pode agravarse, aínda máis, se a climatoloxía continua sen variar.

martes, 24 de agosto de 2010

Un viño de Valdeorras representa a Galicia en Nova Zelanda

A prestixiosa empresa de importación Sant Vincent Caves seleciona Pezas dá Portela, de adegas Valdesil, para dar a coñecer a variedade godello en Nova Zelandia.

A empresa de importación asenta o seu traballo na comercialización nesta rexión oceánica de produtos españois, en especial viño, aceite de oliva e licores. Para a representación de viños galegos seleccionáronse un caldo da DO Rías Baixas e Pezas dá Portela da DO de Valdeorras, que se unen a un notable fornecido de produtos de diversas rexións españolas.

viernes, 20 de agosto de 2010

A ruta do viño de Valdeorras ponse a andar Xa!

Foto: Lolita Vázquez - La voz de Galicia
Vintecinco empresas ás que se suma Inorde e os Concellos de Ou Barco, A Rúa e Petín conforman a Ruta do viño de Valdeorras.

Coa asemblea celebrada onte, na que se deu a benvida aos novos socios, ponse a andar a ruta do viño de Valdeorras. Adegas, empresas turísticas e de restauración conforman onucleo inicial do proxecto. Todas aquelas novas empresas que se desexen agregar a ruta ao longo do ano deberán pagar unha cota establecida entre os 100 e os 400 euros.


Fuente vídeo: La región internacional

jueves, 19 de agosto de 2010

Concurso de fotografía. "Monte de A Rúa"

Outra fotografía de Concepción Rivero. Monte da Rúa . 19 de Agosto de 2010.

Concepción segue mostrándonos a través das súas instantáneas a confluencia entre o mundo do viño e a beleza paisaxística da localidade da Rúa.


Comparte a túa visión sobre o mundo do viño en Valdeorras e gana grandes premios enviando as túas fotos a:

Turgalicia comeza a sinalización da ruta do viño de Valdeorras

Solicitouse a varios Concellos os permisos pertinentes para a sinalización da ruta do viño de Valdeorras.

Tomando como referencia aos establecementos implicados no programa de colaboración, Turgalicia, despois dun estudo de campo "In situ", determinou xa os lugares onde irá situada a sinalización. Para levar a cabo o proceso a institución pediu a colaboración a modo de permisos dos diferentes Concellos da comarca de Valdeorras, obtendo xa o visto e prace dalgúns, como é o caso de O Barco que aprobou a solicitude na xunta local de goberno celebrada o pasado día 5 de Agosto.